Hoxe os nenos e nenas de quinto curso entrevistamos ao ciclista Delio Fernández. Levábamos varios días preparando a entrevista, e tiñamos moita ilusión. Encantounos velo chegar na bicicleta, recibímolo cun gran aplauso. Os nosos compañeiros de sexto curso quixeron estar presentes, tiñan moitas gañas de coñecelo!
Esperamos volver a velo pronto polo cole!
Amosando publicacións coa etiqueta Colaboramos coa Galipedia b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Colaboramos coa Galipedia b>. Amosar todas as publicacións
31/10/17
28/03/17
Entrevista á Asociación de mulleres de Moaña
O luns o alumnado de 5º e 6º recibimos na biblioteca do centro unha representación da Asociación de Mulleres de Moaña.
Previo á visita elaboramos unha enquisa coa finalidade de coñecer o funcionamento dunha Asociación tan importante para Moaña.
A presidenta Concha Ramos, xunto con Concha Trigo, Teresa Rivas e Mucha López explicáronnos como funciona a Asociación e todas as actividades que se realizan nela.
Decatámonos da gran variedade de oferta que hai e da importancia que ten a Asociación para todas aquelas mulleres que queiran colaborar con elas e desfrutar das actividades que ofrece a asociación.
Moitas grazas pola vosa visita!.

21/06/16
Leticia Santos na galipedia
Durante este curso que está a piques de rematar o alumnado de 5º e 6º fixeron un traballo de recollida de información sobre Leticia Santos, a actual alcaldesa de Moaña.
Os nenos e nenas de 5º elaboraron unhas preguntas e moi amablemente a alcaldesa respondeulles a todas na biblioteca do noso cole.
Despois o alumnado de sexto redactou un texto que lle enviaron a Leticia por se houbese algún erro.
Esta última semana de clase xuntáronse na aula tics o alumnado de 5º e 6º e coa axuda de Isa (a directora do noso cole) subiron á galipedia o artigo.
Unha vez máis queremos agradecerlle a Leticia a súa colaboración e amabilidade para que este traballo fose posible.
A seguinte foto e de dous alumnos de 6º facendo o traballo na pizarra dixital.

Etiquetas:
5º de Primaria,
6º de Primaria,
Colaboramos coa Galipedia,
Curso 2015-2016
23/04/16
Entrevista á alcaldesa de Moaña
Onte o alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiu unha visita moi especial: a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, tivo a amabilidade de acceder á nosa petición de facerlle unha entrevista. En 5º prepararon as preguntas e ela contestounas de forma moi sinxela para que todos poideramos entendela.
Agora, tócalle a 6º elaborar o texto que sirva para subir á Galipedia a nosa entrada sobre a alcaldesa. Porque este era o motivo da entrevista: coñecela e dar a coñecer aos demais o noso traballo. Como en cursos anteriores, 5º e 6º son os encargados de subir á Galipedia unha presentación sobre unha persoa ou grupo de Moaña que o mereza e que aínda non teña aparecido nesa páxina.
Este curso consideramos que o feito de ser a 1ª muller alcaldesa na historia de concello era motivo dabondo para facelo.
Ao final do encontro a alcaldesa felicitounos pola facilidade coa que falamos en galego. Aconsellounos que non perderamos o hábito de falar en galego porque é a maneira de seguir coñecendo a nosa cultura. Tamén nos dixo que o feito de poder falar as dúas linguas ( galego e castelán ) nos axuda a aprender con máis facilidade outras linguas.
As titoras queremos felicitar ao alumnado polo ben que o fixeron.
Mostramos algunhas fotos.
04/07/15
Orde do Mérito civil para a moañesa Alicia Rodríguez
![]() |
| Foto do Faro de Vigo |
Estamos moi orgullosos deste premio que recoñece a este colectivo de traballadoras tan admiradas por nós; por iso elaboramos este curso a entrada na Galipedia sobre a Asociación de Mulleres mariscadoras de Moaña. Parabéns Alicia!!!!
24/05/15
De novo colaboramos coa Galipedia
Coa información recompilada polo alumnado de quinto curso na entrevista á presidenta da Asociación de mariscadoras de Moaña, na clase de sexto redactamos un artigo sobre elas para a Galipedia.Fixemos así:
Primeiro investigamos como se redactan os artigos, mirando os de outras asociacións.
Logo preparamos o artigo.
A continuación enviámosllo á Asociación para que o revisasen , por se contiña algún erro.
Por último, xunto cos compañeiros/as de quinto curso, subimos á rede o artigo.
E aquí tedes o enlace:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Asociaci%C3%B3n_de_Mariscadoras_de_Moa%C3%B1a

Curso 2014-2015
16/06/14
María Salgueiro na Galipedia
Gustoulles moito comprobar que antes da edición, non existía a entrada e que despois de publicala, era a primeira do listado de buscas sobre a actriz.
Etiquetas:
Colaboramos coa Galipedia,
Curso 2013-2014
24/06/11
O alumnado de 6º e a Galipedia
O alumnado do 6º curso preparou a entrada na Galipedia do pintor moañés Xavier Ríos:
Pouco a pouco, imos aumentando as colaboracións.
Pouco a pouco, imos aumentando as colaboracións.
Etiquetas:
Colaboramos coa Galipedia,
Curso 2010-2011
09/05/10
Xavier Blanco na Galipedia
Xavier Blanco, o mestre gaiteiro, etnógrafo e investigador moañés xa ten artigo na Galipedia.
Os de sexto, primeiro editaron a entrada que hai sobre Moaña, para incluir entre os persoeiros ilustres a Xabier Blanco.
A continuación crearon a entrada sobre Xabier, con información recollida do propio gaiteiro.
Vemos a imaxe no encerado dixital:
Preme na imaxe para ver como quedou:
Os de sexto, primeiro editaron a entrada que hai sobre Moaña, para incluir entre os persoeiros ilustres a Xabier Blanco.
A continuación crearon a entrada sobre Xabier, con información recollida do propio gaiteiro.
Vemos a imaxe no encerado dixital:
Preme na imaxe para ver como quedou:
Etiquetas:
Colaboramos coa Galipedia,
Innovación educativa
02/05/10
Visita ao taller de Lito Portela
Este é o texto que nos envían os do terceiro ciclo de Primaria sobre o encontro co artista.Publicaremos tamén a entrevista que lle fixeron e incluiremos o seu currículo na Galipedia, xa que nestes momentos non se poden atopar informacións sobre Lito Portela nesta web.
VISITA AO TALLER DO ARTISTA MOAÑÉS LITO PORTELA
O pasado xoves, 29 de abril, o alumnado de terceiro ciclo visitamos o taller dun artista moañés.
O pintor e escultor Lito Portela falounos de como elabora as súas obras dende que ten a idea na cabeza ata que remata a peza. Explicounos como facer unha escultura con elementos da natureza.
Tíñanos preparado na súa mesa de traballo: canas cortadas e con buracos, fíos de vimbia e tiras de cartolina. Con todo isto propúxonos converternos en artistas por un día.
Agradecemos a súa amabilidade con nós e o tempo que nos dedicou.
Alumnado de 3º ciclo
P.D. Ao remate da visita Lito Portela agasallounos cunha pintura súa para o colexio.

Aprende Moaña,
Colaboramos coa Galipedia,
Curso 2009/2010
21/05/09
Canta sabedoría!
Iván Costa chegou coa súa zanfona e a súa gaita puntual coma un cravo.Os de 5º de Primaria tíñanlle unha entrevista preparada e acrisoláronno a preguntas ,pero a nós serviunos para tirar unha chea de informacións abraiantes.
Empezou de neno a tocar a gaita,e máis tarde adquiriu formación musical,tanto clásica coma no Conservatorio de Música tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo.Toca máis de 20 instrumentos,todos os da percusión galega. O derradeiro co que se puxo foi coa zanfona,á que lle dedica máis tempo (según el aínda está aprendendo,a nós parécenos que toca de marabilla).
A súa música aparece nuns 15 discos,pero o seu cativo mellor criado é Ávrego,o seu disco en solitario.Disque a actuación que máis recorda é a de Lorient (Francia),cando lle deron o premio Mcallan e tivo que actuar "soíño" diante dun ateigado campo de fútbol.
Díxonos que nos colexios debería haber máis música tradicional galega e lembrounos que en Moaña contábamos co mestre gaiteiro Xavier Blanco, e a Escola de Música .
Podedes consultar a entrevista completa nos vindeiros días en AQUÍ VIVIMOS

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Para facer un comentario
- Pulsa co cursor enriba de comentarios
- Elixe de identidade "Nombre"
- Pulsa en "Publicar comentarios"
- Pon o teu nome
- Escribe o teu comentario no recadro
- Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue