Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiro de cociña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiro de cociña. Amosar todas as publicacións

08/02/25

Obradoiro de cociña en infantil

 Despois de recoller as laranxas, probalas, facer xeados e zume, agora tocou  ser cociñeiros e cociñeiras para facer un biscoito  de laranxa. Aquí tedes un vídeo para que miredes que ben o fixeron!


12/11/24

Galletas de cabaza

 

 Os pandas e as bolboretas convertéronse o luns en cociñeiros e cociñeiras. Fixeron unhas ricas galletas de cabaza, aproveitando a celebración do Samaín.


13/11/23

Cociñando chulas

 Están traballando a receita como forma textual na clase de 1º.

A mellor maneira de seguir este texto instrutivo é invitar a unha das avoas para fortalecer os vínculos familiares desde a escola.
Nesta ocasión Marga tróuxonos a súa receita de chulas, que xa lle ensinara a súa nai.
As avoas axudan a transmitir a nosa cultura e Marga fíxoo marabillosamente.


08/11/23

Somos cociñeiros!

 No tempo de Samaín a clase de Primeiro fixo de cociñeiros e cociñeiras.

Primeiro limparon e coceron a cabaza. Despois coa receita á man, cada quen escribiu o nome dun ingrediente e foi engadindo e amasando seguindo a quenda.

As galletas estaban deliciosas

No cole todos querían probar as galletas de primeiro!




06/06/22

Obradoiro de pan en 3º

  Ruth estivo na clase de 3º  para facer pan. Pasárono moi ben e saíulles riquísimo!

04/02/21

Sobremesas do Entroido

Xa está chegando o Entroido. Este ano é un pouco peculiar pero seguro que vos gustará enredar un pouco na cociña.

Recuperamos estes trípticos que elaborou o alumnado de 6º deste cole no curso 2016. Non vos esquezades de facer "O Bandullo", unha sobremesa de Entroido típica do Morrazo.






03/10/20

Receitas de outono

Chegou o outono e queremos recuperar estas estupendas receitas propias desta estación que elaboramos no curso 2014 coa colaboración das familias.

Aproveitade e facede algunha! O resultado paga a pena.

Premede na imaxe para velas












 


30/11/19

Obradoiro de cociña en 6º de infantil

Esta semana os leopardos cociñaron un biscoito de iogur, igualiño que o rico biscoito de cocorico
Traballaron en grupo a receita e puxéronse mans á obra.
Estaba delicioso!.

28/11/19

Obradoiro de cociña en 6º de infantil

Esta semana os leopardos cociñaron un biscoito de iogur no colexio. 
Traballaron en grupo a receita e puxéronse mans á obra. 
Estaba moi bo!!!

21/04/18

Semana de froita en 6º de Primaria

Os nenos e nenas de 6º aproveitaron a semana da froita para facer marmelada de amorodo como recheo  dun rico biscoito. Decorárono con chocolate, amorodos e nísperos.

19/03/18

Obradoiro de pan en 3º

A avoa de Ana, Modesta, estivo na clase de 3º facendo pan de millo.


Como o forno do cole é moi pequeno e moi rápido, Modesta levou a bola de masa a cocer ao forno da súa casa ( en pleno temporal ).




Alí decidiu engadir un ingrediente sorpresa antes de cocer e que descubriron cando empezaron a comer. Eran noces!




O pan estaba riquísimo!

Grazas Modesta!!

Coma sempre, queremos repetir!!




14/03/18

Obradoiro de cociña en 4º

Esta semana na clase de 4º tivemos a sorte de contar coa visita de Cristina (avoa de Mateo) que nos ensinou como se fan as "Orellas de Entroido".
Tomamos boa nota dos ingredientes, puidemos axudarlle a estirar as orellas e demos boa conta do ricas que nos quedaron.
Moitas grazas, Cristina por dedicarnos o teu tempo e amosarnos como se prepara esta sobremesa tan típica do noso Entroido!!!


24/02/18

Os gatiños cociñan de novo

Esta semana Olga, a nai de Valeria, cociñou cos nenos e nenas de 5º de infantil unha saborosa torta de piña.
Mirade que ben o fixeron!!! 
Grazas, Olga, pola túa visita!

27/12/17

Obradoiro de cociña en 6º de infantil

ANDREA VISITOUNOS E COCIÑOU CON NÓS UNHAS DELICIOSAS MADALENAS.


MOITAS GRAZAS!

11/12/17

Obradoiro de cociña en 6º de infantil

POR FIN EMPEZARON A COCIÑAR OS TIGRES!
O PASADO MARTES VIÑERON KELLY E DARWIN E ENSINÁRONNOS A FACER PAN DE QUEIXO.
MIRADE QUE BEN LLES SAÍU





                                       ...E QUE RICO ESTABA!


                                

                    MOITAS GRAZAS, KELLY E DARWIN!








28/11/17

Obradoiro de cociña: Biscoito de castaña

En 3º tiveron outro obradoiro de cociña. Esta vez veu unha tía de Gabriel, Mucha, a ensinarlles a preparar un biscoito de castaña. Saíu de maravilla e algún xa o fixo na súa casa.
 Estaba boísimo!!!!
 Grazas Mucha!!!!

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue