Amosando publicacións coa etiqueta IES A Paralaia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta IES A Paralaia. Amosar todas as publicacións

05/04/11

Vaia contacontos!

Estiveron con nós e enfeitizaron a grandes e pequenos. A acertada selección de contos e a escenificación a mans do alunmnado de 1º de ESO garantiron o éxito desta xornada tan especial de contacontos.
Aos pequenos encántalles escoitar contos nas voces doutros rapaces e hoxe gozaron de verdade.

04/04/11

En abril, contos

Como todos os anos,polo mes de abril, o alumnado do primeiro ciclo de ESO do IES A Paralaia vannos agasallar coas súas sesións de contacontos. Mañá traerannos unha cuidada selección de contos e nós esperarémolos coas máns preparadas para batelas a rabiar.

13/04/10

Uns contacontos moi especiais

"A verdadeira historia de carapuchiña", "O Anano Saltareiro", "A Cebra Camila", "O Galo Quirico", "Que parvos son os camaleóns"....estes contos e outros máis encheron o luns a nosa biblioteca nas voces dos rapaces e rapazas do IES A Paralaia, que por un día actuaron para nós de contacontos .
Viñan cargados de ilusión e os pequenos puxeron as súas ganas de escoitar historias, un conxunto perfecto para gozar da lectura no mes do libro infantil, se engadimos a fonda emoción que se apalpaba na biblioteca.Tivemos trasnos, lobos, bodas, ventos, raiñas, esquíos.... todos da man destes actores tan especiais.O equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES A Paralaia organiza esta actividade e nós animámolos a seguila desenvolvendo, porque os nosos alumnos xa están desexando facerse grandes para poder participar.

14/05/09

Microrrelatos no Paralaia

No mes das Letras,no IES Paralaia (Moaña),o noso centro adscrito, convocaron un concurso de microrelatos.Xa publicaron os nomes dos premiados na súa páxina No bico da lingua así que felicitamos ás gañadoras.Alegrámonos por todas elas sabendo que estes parabéns nos caen preto.Parabéns ás nosas ex-alumnas !
GAÑADORAS DO CONCURSO DOS
MICRORRELATOS LETRAS GALEGAS 2009-05-14


1º Premio: Sofía Portela Diéguez. 2º ESO C

2º Premio: Laura Rocha Bermúdez. 1º ESO C

3º Premio: Eva Trigo Carballo. 1º ESO A

04/04/09

VAIA CONTOS !




Tal como esperábamos ,os nenos e nenas de Infantil e 1º Ciclo, ficaron coa boca aberta.Como comentou unha das súas titoras:"eles con tal de que lles conten contos....."
Gozamos vendo como os contadores se metían no papel que lles tocara,coma se de profesionais se tratara.A expectación por ver a irmáns e coñecidos incrementou a motivación natural que unha sesión de contacontos poida ter.
Moi acertada a selección dos contos e o apoio multimedia,que fixo posible un acercamento diferente a contos tan coñecidos e entrañables coma "O patiño feo","Os tres bandidos" ou "A Cebra Camila".
Aos pequenos gustáronlle todos:a uns a ratiña presumida ,a outros o patiño ,a outros o anano..houbo para todos os gustos.AdemAis recuperamos a unha contadora que había moito tempo que non escoitábamos.PARABÉNS A TODOS E TODAS!....e grazas por compartir os contos con nós.




02/04/09

2 DE ABRIL ,DÍA DO LIBRO INFANTIL


Hoxe celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e nós imos facelo dun xeito moi especial.Teremos uns contacontos aos que agardamos con moita ansia,xa é que os alumnos do IES PARALAIA virán a facer unha animación que todos os anos é deliciosa.
Desde a biblioteca sempre nos gustou contar cos máis vellos do cole para esta actividade,pero desde hai dous cursos forma parte do Proxecto de Dinamización e Normalización dos dous centros.Os beneficios para uns nenos e outros son claros,algún de Infantil non para de decir:"meu irmán,que está no instituto,vai a vir a este cole..."Que nos traerán este ano?

05/04/08

uns contacontos moi especiais II

¡VAIA ÉXITO!
Tal como supoñíamos os nenos e nenas de Infantil e o primeiro ciclo e Primara desfrutamos na biblioteca dunha chea de emocións,desde a ternura ó medo ,pasando pola diversión e a intriga .O barco eran os contos de Kalandraka e Oqo,e os magníficos tripulantes os alumnos de 4º de ESO que con unha esmerada preparación cautiváronnos coas súas historias.
Traían a entonación ensaiada,a posta en escena,a presentación dos contos,por suposto os textos e ata pequenas dramatizacións.
Viñeron cargados de contos ,xa que a selección era ampla,de personaxes,de recursos,de complementos de vestuario,ata nos trouxeron un teatiño de monicreques.
Os pequenos non souperon elixir un conto para avaliar as súas preferencias,e cando lles preguntamos cal lle gustara máis foron moi claros:TODOS.
A nosa intención era que o galego servira para pasar un tempo cargado de emoción e desde este colexio pensamos que o obxectivo foi amplamente cuberto.Que mais poderemos decir para explicar o desenvolvemento óptimo da actividade,parécenos que o seguinte:O VINDEIRO CURSO MÁIS.
O noso profundo agradecemento ós contadores e ó equipo de profes que fixo posible esta actividade.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue