28/04/26

Día do libro

 Os padriños e madriñas lectores desfrutaron dunha lectura mutua, de contos teatralizados e de momentos moi especiais na biblioteca.

14/04/26

Proxecto: coas mans na terra en 4º

 Seguimos traballando en 4º sobre o proxecto da biblio. Este curso o tema que nos escolleu Paco foi "As froitas de temporada". Estamos aprendendo moito!

26/03/26

Día da Poesía

 Que fermosos os poemas e as flores que intercambiaron os canciños cos seus padriños e madriñas lectores de 4º de primaria....

14/03/26

Actividades 8M

 Esta semana estivemos realizando diversas actividades con motivo do Día da muller traballladora

Entre elas destacamos a visita de Ana Belén Barragáns, nai da Alicia, a nosa compañeira de terceiro. Ela é enxeñeira en telecomunicacións e contounos moitas cousas interesantes do seu traballo.

Ademáis, o alumnado de terceiro realizou unha saída acompañados coa asociación A Illa dos Ratos para coñecer ás rúas da nosa vila con nome de muller: Concepción Arenal, Cándida Lago, Constantina Pena, etc.

Visitamos tamén a Asociación de mulleres onde nos informaron da súa labor na vila.

Pasámolo moi ben.







11/03/26

Día da árbore

 O pasado martes, a clase de 2º de primaria saíu de excursión ata os montes de Meira, concretamente fomos ata a Torre de Meira para particiar das xornadas do día da árbore. 

Foi fantástico porque puidemos plantar diferentes árbores, mirar insectos e bechiños, coñecer aos axentes forestais que coidan da nosa contorna, empregar a mangueira dos Bombeiros forestais! e desfrutar da actuación de Peter Punk.


05/03/26

Obradoiro de portugués

Mundo do INHO é un obradoiro dirixido ao terceiro ciclo de primaria para amosarlles a alumnas e alumnos diferentes chaves culturais do mundo lusófono ademais de facerlles descubrir a facilidade para leren textos en portugués e así achegarlles a lingua. Unha aproximación ao portugués, vendo a súa orixe común co galego e as semellanzas que existen entre ambos idiomas

Estivo xenial!




03/03/26

Día de Rosalía

 En Quintela gústanos coidar as nosas escritoras. Por iso, celebramos o Día de Rosalía de Castro, unha das escritoras máis importantes de Galicia, cun programa de radio especial levado a cabo por Julia, Ana e Alba; cunha visita moi especial dos nenos e nenas de 6º de Infantil que recitaron un poema de Rosalía e fixérono moi ben! 

Encantounos compartir este momento tan bonito e seguir aprendendo a querer e valorar a nosa lingua.

Feliz día de Rosalía!



26/02/26

Charla sobre as velutinas

Onte, na clase de terceiro, tiveron unha charla moi interesante sobre como facer e onde colocar 

trampas para velutinas.



22/02/26

Coplas Entroido

Parabéns a todo o alumnado polo ben que actuaron no Entroido.
Aquí deixamos as súas coplas.

03/02/26

Xuntanza con Afamo en 4º

 Este martes, día 3 de febreiro, tivemos a sorte de recibir no noso cole a algúns membros de Afamo que nos falaron de xogos tradicionais da súa época e de moitas outras cousas.

lembraron para todos nós o carretón, o bombón, a carraca e moitos máis xogos.
Foi xenial escoitar as explicacións que nos deu Xabier Blanco acompañado de Aurora, Benigno, Carmen, Choncha, Dolores e Dora.
Queremos agradecer a todos eles e tamén ao concello de Moaña esta iniciativa chamada "Encontros interxeracionais para contar" onde podemos compartir vivencias, sorrisos, historias entre a rapazada e os nosos maiores.
Foi un pracer gozar  deses momentos todos xuntos!
 

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue