Amosando publicacións coa etiqueta 5º de Primaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 5º de Primaria. Amosar todas as publicacións

22/01/26

5º e 6º visitan Santiago de Compostela

O pasado 13 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º visitou Santiago de Compostela

Achegámonos ao Parlamento de Galicia, onde coñecemos o seu funcionamento, e subimos aos tellados da Catedral, gozando das vistas e aprendendo sobre a súa historia. Foi unha saída moi interesante e enriquecedora.



 

06/04/25

5º e 6º en Cabo Home

 

 O alumnado de 5º e 6º fixo unha andaina moi interesante en cabo Home.






16/02/25

Día mundial da radio

 

No CEIP Quintela, celebramos o día Mundial da Radio cunha pequena homenaxe a este medio de comunicación tan importante e que nos cambiou a vida a todas e todos nós. A por moitos anos máis! 


09/02/25

Obradoiro de títeres en 5º e 6º de primaria

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria gozou dun marabilloso obradoiro da man de Ton Arenas, quen lles amosou todo o proceso para deseñar e crear  os seus propios títeres de cartón. Despois, déronlle voz e representaron pequenas escenas teatrais deixando voar a súa imaxinación.


30/01/25

Entrevista a Galiclown

 Polo Día da Paz, o colexio de Quintela, recibiu unha visita moi especial: os voluntarios de GaliClown. Rimos coa súa actuación e contáronnos cal é o seu labor no hospital. Invitámosvos a escoitar esta entrevista que lles fixo o alumnado de 5º de primaria.

25/01/25

5º e 6º na cidade de A Coruña

 O pasado  14 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria tiveron unha saída para visitar o Aquarium Finisterrae e o Domus. Foi unha xornada de aprendizaxe e convivencia marabillosa!




19/12/24

5º Canta panxoliñas en "Contigo"

 Onte o alumnado de 5º de primaria foron visitar os maiores do centro de día "Contigo".

Resultou unha actividade moi interesante e divertida porque cantaron unha panxoliña, bailaron e os nosos maiores contáronlles como pasaban o Nadal na súa infancia.

Que ben o pasaron!


23/11/24

25 N con Scratch en 5º e 6º

O alumnado de 5º e 6º estivo traballando a conmemoración do 25N coa aplicación Scratch.

Saíron mensaxes moi enriquecedoras.


17/11/24

Formación en radio para 5° de primaria

 O venres tivemos o pracer de contar no cole con Damián Alonso, que nos ensinou moitas cousas sobre o mundo da radio (intensidade da voz, tono, volume, indicacións sobre cómo dar paso á voz ou á música cando gravamos…). Ensinounos a facer un guión e, por parellas, gravamos o noso podcast.

Grazas Damián, aprendemos moito!

02/06/24

CHARLA CIBERSEGURIDADE

 O venres o alumnado de quinto e sexto de Primaria recibiu unha charla de ciberseguridade enmarcada dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus Entornos.




01/06/24

Charla Protección da natureza

Onte o alumnado de quinto e sexto de Primaria recibiron unha charla de protección da natureza enmarcada dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus Entornos.

Resultou moi interesante.



22/05/24

Carteis Festival Letras Galegas

Este venres celebraremos o Festival das Letras Galegas.
O alumnado de 5º elaborou estes estupendos carteis para que estemos ben informados do que vai acontecer.

 

01/05/24

Corresponsabilidade no fogar

 

Hoxe tivemos a visita đas promotoras de Igualdade do Concello de Moaña que nos ofreceron un taller de tarefas domésticas para fomentar a corresponsabilidade no fogar.


22/12/23

Visita dos Reis Magos ao alumnado de 5º e 6º de primaria

 Os Reis Magos visitáronnos e puideron comprobar o ben que cantan e bailan os nenos e nenas de 5º e 6º.

Aquí están os nenos e nenas de 5º cos Reis Magos



E aquí o alumnado de 6º



En 5º, cantaron e bailaron O cometido.


En 6º cantaron un canon  a dúos voces, acompañados con instrumentos de pequena  percusión.



15/12/23

O alumnado de 5º e 6º de primaria canta panxoliñas de Nadal no Centro de día Apreixo

 Hoxe, as nosas nenas e nenos foron cantar unha panxoliña aos maiores do centro de día Apreixo. Tiveron a sorte de escoitar aos maiores cantarlles a eles tamén e recibiron unha fermosa postal navideña que lle deron feitas coas súas mans.

Grazas Apreixo!











06/12/23

Voleibol dentro do programa XOGADE para 5º de primaria

 Hoxe, as nenas e nenos de 5° tivemos a 1ª sesión de voleibol impartida por dous monitores do Club de Voleibol Maniotas de Cangas enmarcada dentro do programa XOGADE. Virán ao cole durante 4 sesións para ensinarnos as nocións básicas deste deporte. 

Grazas Mikel e Jairo por vir!


<

19/11/23

Pleno infantil no Concello de Moaña

 Unha nena e un neno da aula de 5º foron os representantes do noso centro no Pleno Infantil que se celebrou no concello este pasado xoves para trasladar as súas peticións, ideas e suxerencias sobre as contornas seguras e para que a súa calidade de vida mellore.

Este foi o paraugas que nos representou.





03/10/23

Ciencias Naturais con Realidade Aumentada en 5º

 Que divertido aprender sobre á célula con RA!

Na clase de 5º fixeron un traballo de investigación no caderno, logo pintaron unha célula e, coa aplicación Quiver, foron quen de vela en RA dun xeito moi atractivo.








10/06/23

Proxecto "O Mar" en 5º de primaria

 O alumnado de 5º estivo traballando moitísimo sobre a proposta que lle fixo a mascota da biblioteca Paco sobre o proxecto "O mar".

Investigaron sobre as illas que conforman o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Gravaron na radio distinta información sobre Ons, Sálvora, Cíes e Cortegada e, enlazaron esa información coas Makey Makey programando con Scratch nas maquetas que elaboraron.

Un inmenso traballo que deu un fermoso resultado.

Parabéns!







09/05/23

As familias contan en Infantil

 Nas aulas de Infantil estanse recibindo visitas das familias para contar contos, e a semana pasada  foi Karla, de quinto, á clase do  seu irmán Mateo. Xunto coa súa madriña, narraron dúas bonitas historias, unha delas coa técnica do Kamishibai, que lles encantaron ás nenas e nenos.   

  


                                MOITAS GRAZAS! 

                    

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue