O alumnado de infantil e 1ºP disfrutou dunha mañá de outono no Lago Castiñeiras. Aproveitamos para recoñecer árbores de folla caduca, recoller castañas, landras e follas, e divertímonos todos xuntos no parque. Foi unha xornada moi divertida.
25/10/26
22/01/26
5º e 6º visitan Santiago de Compostela
O pasado 13 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º visitou Santiago de Compostela.
Achegámonos ao Parlamento de Galicia, onde coñecemos o seu funcionamento, e subimos aos tellados da Catedral, gozando das vistas e aprendendo sobre a súa historia. Foi unha saída moi interesante e enriquecedora.
26/10/24
Visita á granxa Kiriko
Este martes o alumnado de infantil visitou a Granxa Kirico, actividade subvencionada pola Deputación de Pontevedra, dentro do programa "Vive o Rural".
Pasaron unha xornada estupenda gozando da natureza.
25/11/23
Visita a Castiñeiras
Aproveitando o bo tempo o alumnado de infantil foi de excursión ao Lago Castiñeiras, disfrutando dun día de outono, xogando coas follas, disfrutando ao aire libre, e xogando cos compañeiros/as.
13/10/23
Andaina de outono en 1º e 2º
Este é o vídeo da andaina xunto ao río Rialdarca.
Tamén foron á Xunqueira e xogaron no parque.
Aproveitaron e aprenderon algunha cousiña: recoñeceron árbores e algunhas plantas silvestres e diferenciaron especies autóctonas de invasoras.
E, sobre todo, pasaron un tempiño agradable xuntos.
Así da gusto comezar o curso e recibir o outono!
15/04/23
10/12/22
Coñecendo o bosque atlántico
O alumnado de 4º e 5º de primaria visitaron o Campus universitario Lagoas-Marcosende en Vigo, para coñecer o bosque atlántico. É un roteiro moi fermoso!
28/09/22
Andaina pola nosa contorna
As nenas e nenos de 6º xa coñecen esta parte da nosa costa porque o curso pasado fixeron esta ruta acompañados polo alumnado de 6º que marchou para o instituto.
Coma gran coñecedores da zona explicáronlles moitos detalles do percorrido aos seus compañeiros e compañeiras de 5º.
Gozaron dun día estupendo!
07/04/22
Visita á Ludoteca de Moaña
A clase dos dinos visitaron a Ludoteca de Moaña. Pareceulles un lugar moi divertido.
Puideron xogar cunha chea de xoguetes e fixeron unha linda manuakidade.
20/11/21
Visita de 1º e 2º ao museo MARCO de Vigo
O noso alumnado de 1º e 2º visitaron esta semana Vigo.
Gozaron no museo Marco da exposición de Din Matamoro
" A mirada acesa" que está chea de luz e cor.
Tamén participaron nun obradoira moi chulo no que traballaron coas cores.
16/11/21
03/11/21
1º e 2º pasean por Rialdarca
26/10/21
Saída pola ribeira de Tirán de 5º e 6º
O alumnado de 5º e 6º fixeron unha andaina desde o cole ata a praia de Tirán, visitando no camiño varios sitios importantes que ten o noso pobo. Os nenos e nenas de 6º documentaron a saída. Mirade que ben o fixeron!
22/10/21
Saída á carballeira de San Martiño de 3º e 4º
26/03/21
Saída da clase de 1º á praia do Con
Aquí vos deixamos unha pequena mostra da saída que fixo a clase de 1º á praia do Con.
Foi unha xornada fantástica na que gozaron do xogo ao aire libre.
Á volta visitaron a clínica veterinaria onde curaron ao gatiño que atopamos no colexio.
Pasárono fenomenal!
20/03/21
Saída a San Martiño e á Cruz do Paralaia
29/10/20
4º visita San Martiño
O pasado xoves, 15 de outubro, as nenas e nenos de 4º subiron andando desde o cole ata a igrexa de San Martiño.
Sabían que era unha igrexa construída en estilo románico e que había unha inscripción en latín na porta lateral dereita.
Cando estaban a punto de vela achegóuselles un señor que dixo que el traducira a frase e que se querían lles podía falar da inscrición e de como fixera para traducila. Contoulles que se chamaba José Benito Rodríguez Parada, que era profesor de latín xubilado e que lle gustaba facer estes traballos de investigación.
Dámoslle as grazas pola amabilidade que tivo con nós.
A inscrición di:
Esta igrexa foi mandada construir o domingo 7 de 1197 para min e para todas as familias .
17/10/20
Paseo pola ribeira de Tirán en 5º e 6º
O alumnado de 5º e 6º gozaron esta semana dun agradable paseo. Nel aprenderon sobre os pazos que temos en Quintela e no Real, viron a báscula de pesar camións no porto pesqueiro, coñeceron praias e historias das mesmas....
Resultou unha visita moi interesante.
Non vos perdades a reportaxe que fixo o alumnado de 6º de primaria.
16/10/20
Saída por Rialdarca de 3º
Onte, o alumnado de 3º estivo paseando pola ribeira do río Rialdarca ata chegar ao centro do pobo.
Tamén visitaron a praza do inmigrante, viron a desembocadura do río dos Ladróns e remataron xogando no areal da Xunqueira.
Pasárono xenial!
03/06/19
Xornada en Allariz
Pola mañá os xogos de pistas axudaron a coñecer o fermoso e ben conservado casco antigo.
Na beira do río estaban fresquiños, pero aínda o estiveron máis cando palearon desde os kayak e xogaron coa auga:
Para facer un comentario
- Pulsa co cursor enriba de comentarios
- Elixe de identidade "Nombre"
- Pulsa en "Publicar comentarios"
- Pon o teu nome
- Escribe o teu comentario no recadro
- Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue











