Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da lectura. Amosar todas as publicacións

23/04/25

DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos o Día do Libro na biblioteca do colexio, cunha sesión de contacontos moi especial, a cargo de Olalla González, compañeira do colexio e autora de moitos libros infantís. O alumnado, dende infantil ata os maiores do cole, disfrutaron coas súas historias.

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!





16/10/24

Sesión de contacontos con Paula Carballeira

Esta tarde tivemos a sorte de contar coa presenza de Paula Carballeira na nosa biblioteca. 

Gozamos coas súas historias, levounos a lugares fermosísimos e fixo as delicias de todo o público alí presente.

Moitas grazas pola vosa participación!




27/04/24

As familias contan

 

 Un novo conto  compartido polas familias. Jeny contounos  A máscara de león , amósanos como empregar os sentimentos para relacionarnos.






16/09/23

Lecturas para o primeiro día

Un novo curso acaba de empezar

e para ir abrindo o apetito, 

comezamos con estas bonitas historias:













                        Que gocedes coa lectura!


23/03/23

Amigos lectores en 3ºP

Unha vez máis o alumnado de 4ºI e 5ºI compartiu lecturas na biblioteca co alumnado de 3ºP, actividade que gusta por igual aos pequenos e aos maiores. Gústannos moito estas xuntanzas lectoras!!!

26/01/23

Amigos e amigas lectores en 4º de primaria

 Os amigos e amigas lectoras compartiron unha nova xornada. Nas imaxes poden verse as caras de satisfacción coas lecturas compartidas.

Todas e todos gañan, o que escoita, a que conta, os afectos e a lectura.
O curso de cuarto e o curso de 6º de Infantil mantiveron unha sesión de lectura compartida na biblioteca.

25/01/23

Amigos e amigas lectores en 3º

 Esta semana xuntámonos de novo na biblioteca coas nenas e nenos de 4º e 5º de infantil para gozar da lectura. 

Como veredes nas imaxes pasárono xenial!






 

13/12/22

Guías de lectura de Nadal 2022

 Un ano máis os Equipos de Dinamización da Lingua Galega  do Morrazo elaboramos as Guías de lectura para este Nadal coas últimas publicacións en galego.

Animádevos e gozade coa lectura e a música.

Bo Nadal!

INFANTIL

 

PRIMARIA

  

SECUNDARIA

  

13/05/17

As familias contan en Infantil

DURANTE ESTA SEMANA TIVEMOS VARIAS FAMILIAS QUE SE ANIMARON NA CLASE DAS TARTARUGAS PARA CONTAR CONTOS.
VISITOUNOS BRAIS, O PADRIÑO DE NAHARA QUE NOS CONTOU O CONTO "OS BOLECHAS AUMENTAN A FAMILIA"






ANIMOUSE ARI, A NAI DE LIAH, QUE NOS CONTOU DOUS DIVERTIDOS CONTOS: "FROZEN" E "LA BRUJA MON".

  




 VISITOUNOS OLGA, A NAI DE VALERIA, CON DÚAS HISTORIAS XENIAIS DA ED. KALANDRAKA: "A COUSA QUE MÁIS DOE DO MUNDO" E "UN AGASALLO DIFERENTE". 








GRAZAS FAMILIAS. FIXÉSTELO XENIAL!!!

03/12/15

RIMAS DE MATILDA

Neste 1º trimestre os nenos e nenas de 6º estiveron lendo un libro de Roald Dahl titulado "Matilda". Gustoulles moito e aquí nos deixan estas rimas que crearon entre todos e todas.

22/04/13

Máis contos para o Día do Libro

A editorial OQO produciu estes marabillosos audiovisuais dos contos homónimos:

21/04/13

Contos no mes de abril

O día 23 de abril conmemórase do Día Internacional do Libro e para celebralo, ademais de todas as actividades previstas polo equipo de biblioteca, aquí deixamos estas xoias de contos para que gocedes:

23/02/13

Club de lectura de nais

Espléndida a crónica que nos deixa Beatriz,  do club de lectura de nais, sobre "Verano", o libro que leron desta volta:

"Gozar de Verano en pleno inverno, iso foi o que fixemos na sesión do Club de lectura de onte.
    Co gallo de escribir a súa biografía, Coetzee serviuse dun recurso novidoso e á vez sorprendente: conseguiu novelar retallos da súa vida adulta partindo do suposto do seu falecemento: “isto é o que se saberá de min cando non estea”, debeu pensar Coetzee. Permitiu que nos achegásemos a certas parcelas da súa intimidade, sen excesos, e marcando perfectamente os límites do potencialmente coñecible.
As figuras femininas van tomando corpo e coverténdose elas mesmas en protagonistas principais: amosando as súas teimas e preocupacións, e sobre todo relegando á categoría de sombra a figura de Coetzee.
    O autor-protagonista é un “miñaxoia” nas mans destas corsarias.
    Con gran mestría introduce o transfondo social do Apartheid, as súas consecuencias e mesmo a orixe da colonización en Sudáfrica.
Houbo diferentes opinións sobre o libro mais todos e todas coindicimos no novidoso da técnica e decatámonos do descoñecido que é para nós ese país do sur de África. Coetzee conseguiu trasladar o arrecendo da Sudáfrica máis xenuína a través das páxinas de Verano."

13/01/13

Cabeza de cabaza

Este é un conto que crearon os nenos e nenas de catro anos. Eles inventaron o texto, compuxeron as imaxes e gravaron as súas voces para presentarnos este conto audiovisual.Así tentamos que vaian adquirindo a lingua galega, desde a literatura e as novas tecnoloxías pero sempre desde a emoción e a diversión:

13/12/12

Ler para medrar

Están a piques de saír do prelo as guías de lecturas que elaboramos na Cooordinadora de equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Morrazo, aquí quedan as de Infantil:

05/12/12

Contos de ratiños

A clase de segundo leu Contos de ratiños , de Arnold Lobel. Os nenos e nenas escolleron o conto que máis lles gustou:

14/10/12

Recursos para o outono

O outono entrou definitivamente e o tempo das castañas, os magostos e das lecturas ao quente non agarda máis.Preme na imaxe para acceder á recompilación que fixemos con poemas, adiviñas e outros recursos literarios de outono:





13/05/12

Nugrecia, un conto audiovisual

Un novo conto audiovisual, neste caso creado polo alumnado de 6º de Infantil. Deles son os textos as ilustracións e as voces:

06/05/12

Conta que che conto

Nesta actividade, na que uns nenos e nenas cóntanlle contos ós outros, fomentamos a oralidade e podemos adapatala a todos os niveis. Empezaron os máis grandes do cole contándolle aos máis pequenos, seguiron os do IES A Paralaia contándolle aos de Infantil, e agora todos os cursos lle contan aos demais, facendo do mes de abril un maratón de contacontos.Aquí está o alumnado de 4º de Primaria contándolle "O coelliño branco" a 4º de Infantil:

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue