Amosando publicacións coa etiqueta Comunicación lingüística. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Comunicación lingüística. Amosar todas as publicacións

24/01/24

Lugares favoritos de Galicia en 4º

A semana pasada fixemos unhas exposicións moi interesantes ao resto do alumnado sobre os nosos lugares favoritos de Galicia. Aquí vos deixamos os vídeos para que vexades que ben o fixemos.

 





25/03/23

4º grava os seus podcast en RadioQuintela

 Na clase de 4º estamos a gravar o noso programa de radio dedicado aos poemas neste mes de marzo.

En breves escoitaredes os primeiros podcast.





13/03/23

Regueifas en 5º

 

A semana pasada tivemos a visita de Luis Pinto e Caruncho cos que, ademáis de pasalo fenomenal,  aprendimos moito sobre as regueifas. 
Aquí vos deixamos unha mostra.


19/12/22

Carteis festa do Nadal

Xa quedan poucos días para a festa de Nadal.

A clase de segundo elaborou estes orixinais carteis que anuncian o programa para o día 22 de decembro.

Quedaron fermosos!! Bo traballo!!





24/11/22

O conto de Crictor

 Os nenos e nenas de 3º gravaron a súa opinións sobre o conto de Crictor na aplicación Imovie, sobre o soporte feito por eles, un fermoso debuxo.

Fermoso traballo!

13/06/21

5º coñece o deporte do remo coa visita ao Clube de Remo de Tirán

O venres, os nenos e nenas de 5º tivemos unha xornada de remo da man de kevin, adestrador e remeiro no Clube de Remo Tirán. Contounos moitas cousas sobre este deporte e tamén ensinounos as instalacións coas que conta o clube. Ao final da xornada, tivemos a sorte de saír ao mar subidos nos bateis.

Como nos gustou!!!

Grazas Kevin por ensinarnos tantas cousas e grazas ao clube pola súa invitación.



07/03/20

Presentación: "Plumeiro da Pampa"

Na clase de 2º estiveron investigando sobre unha planta invasora: "O plumeiro da Pampa".
As familias  aportáronlles moita información e imaxes e aquí vos deixamos esta presentación. Agardamos que vos guste.
Moitas grazas familias pola vosa colaboración.

12/06/19

Contacontos en 4º

Esta semana a clase de 4º foi contar un conto ao colexio de infantil de O Con. Prepararon o libro titulado "O rato e os ventos" escrito e ilustrado por Arnold Lobel. O curso de 3º de 2010-2011 debuxou as súas páxinas para poder contalo coa técnica do contacontos xaponés kamishibai. Consiste nun pequeno teatriño cun raíl por detrás polo que van pasando as ilustracións mentres se vai contando cada parte da historia.
Pensamos que nos saíu moi ben porque o tiñamos bastante preparado xa do curso pasado.









10/04/19

VERSOS EN 6º CURSO

Aquí deixamos os StopMotion que fixeron os nenos e nenas de 6º de primaria cos versos que foron vendo todas as mañás na pizarra ao entrar no cole durante o mes da poesía.


 

05/03/19

PROTECTORA DO MORRAZO

O ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL, DURANTE O PRIMEIRO TRIMESTRE, DESENVOLVEU UN PROXECTO SOBRE OS CANCIÑOS NO QUE APRENDERON UN MONTÓN DE COUSAS. 
TRABALLANDO ESTE TEMA PUXÉMONOS EN CONTACTO COA PROTECTORA DE ANIMAIS DO MORRAZO PARA QUE NOS EXPLICARAN O SEU TRABLLO  NA PROTE COS CANCIÑOS E ASÍ TAMÉN POÑER EN VALOR NA COMUNIDADE O LABOR TAN IMPORTANTE QUE FAN.
OS CANCIÑOS FIXERON ESTA REPORTAXE, CONVERTÉNDONSE ELES EN "PEQUEPORTEIROS/AS" E ASÍ DIFUNDINDO O SEU  LABOR.

19/02/19

Informativo Caranvexornal

Aquí deixamos o informativo que elaboramos no noso cole para presentar na canle de televisión do concello.

07/02/19

Porque nos peta!

"21 días en galego"
O alumnado de 6º de infantil, no obradoiro de poesía, fixo unha adaptación do poema de Fran Alonso, "O meu gato é un poeta".
Con motivo de estar investigando sobre os cans fixeron a adaptación relacionada cos canciños. 
Mirade que poemas tan chulos lles quedaron!


05/02/19

Poemas de Paz

Aquí vos deixamos os poemas de Paz que recitaron as tartarugas e as nenas e nenos de 3º de primaria







01/02/19

"21 días en galego"

 Comeza a campaña "21 días en galego"
Comezamos co alumnado de 1º e "A pombiña branca".
Moito ánimo a todas e todos!!!

22/12/18

As felicitacións de Nadal 2018

Estas son as felecitacións de Nadal que nos prepararon con moi bos desexos os rapaces e rapazas de primaria para este Nadal.
Desexámosvos moi boas festas a todas e todos!!!!









18/12/18

Adiviñas de outono polo alumnado de 1º curso

Logo de traballar as adiviñas na aula e facer o xogo do escornabot, os nenos e nenas de 1º gravaron as mesmas co programa Chatterkid.
Quedaron moi ben!!!


08/06/18

Saímos na radio

Hoxe Xulio e Zoe, acompañados de María, a profe de inglés, foron ao programa de Paula Suárez  "De Viva Voz" de Single Radio.
Alí falaron ( e fixéronno moi ben )de Pinto e Pistacho, os cans da Prote que temos apadriñados, e contaron as cousas que facemos e aprendemos para coidar dos animais e concienciar á xente de que non se abandonan.



27/04/18

Froitas pouco comúns na clase de 4º de Primaria

O alumnado de 4º curso estivo traballando a expresión oral coa profe Andrea. 
En concreto fixeron un taller de descrición de froita que poucas veces ou nunca probaron.
Ao final degustaron as mesmas e.... que ricas estaban!









24/04/18

Os libros favoritos en 5º de Primaria

O alumnado de quinto curso preparou este vídeo para contarvos cales son os seus libros favoritos.



Esta é a continuación:

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue