Amosando publicacións coa etiqueta 6º de Primaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 6º de Primaria. Amosar todas as publicacións

05/03/26

Obradoiro de portugués

Mundo do INHO é un obradoiro dirixido ao terceiro ciclo de primaria para amosarlles a alumnas e alumnos diferentes chaves culturais do mundo lusófono ademais de facerlles descubrir a facilidade para leren textos en portugués e así achegarlles a lingua. Unha aproximación ao portugués, vendo a súa orixe común co galego e as semellanzas que existen entre ambos idiomas

Estivo xenial!




03/03/26

Día de Rosalía

 En Quintela gústanos coidar as nosas escritoras. Por iso, celebramos o Día de Rosalía de Castro, unha das escritoras máis importantes de Galicia, cun programa de radio especial levado a cabo por Julia, Ana e Alba; cunha visita moi especial dos nenos e nenas de 6º de Infantil que recitaron un poema de Rosalía e fixérono moi ben! 

Encantounos compartir este momento tan bonito e seguir aprendendo a querer e valorar a nosa lingua.

Feliz día de Rosalía!



22/01/26

5º e 6º visitan Santiago de Compostela

O pasado 13 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º visitou Santiago de Compostela

Achegámonos ao Parlamento de Galicia, onde coñecemos o seu funcionamento, e subimos aos tellados da Catedral, gozando das vistas e aprendendo sobre a súa historia. Foi unha saída moi interesante e enriquecedora.



 

17/12/25

Visita a Afamo

 O alumnado de 6º de Educación Primaria viviu unha experiencia moi bonita e emotiva coa súa visita ao Centro de Día AFAMO.

Nos días previos, na aula preparamos con moita ilusión unha manualidade para regalar ás persoas usuarias do centro. Cada detalle foi feito con agarimo, coa intención de compartir un momento especial e sacarlles un sorriso.

O día da visita, fomos recibidos con moita amabilidade e alegría. Despois de entregar os agasallos, cantamos varios panxoliñas, enchendo o centro de música, aplausos e espírito de Nadal. 

Esta actividade axudounos a aprender valores tan importantes como a solidariedade, o respecto e a empatía, e tamén a comprender que pequenos xestos poden facer moi felices ás demais persoas.

Que teñades un. bo Nadal, AFAMO.








10/12/25

Xornada de convivencia no IES A Paralaia

 O pasado 21 de novembro, o alumnado de 6º de primaria realizou unha saída ao Instituto IES Paralaia para celebrar unha xornada de convivencia e o magosto. Durante a mañá, puidemos participar en diferentes actividades preparadas polo instituto, pensadas para fomentar a colaboración, o respecto e o traballo en equipo entre estudantes de diferentes centro de Moaña que o próximo ano estarán e compartiran clase no insti.

Despois dos xogos, gozamos do tradicional magosto e compartimos un momento festivo nun ambiente próximo e agradable. A actividade permitiu reforzar a relación entre centros e vivir unha experiencia educativa diferente e enriquecedora.

Foi unha xornada divertida, participativa que agardamos repetir.






06/04/25

5º e 6º en Cabo Home

 

 O alumnado de 5º e 6º fixo unha andaina moi interesante en cabo Home.






20/02/25

O mundo de INHO

 O alumnado de sexto participou no obradoiro "O mundo de Inho" para amosarlles  diferentes chaves culturais do mundo lusófono ademais de facerlles descubrir a facilidade para ler textos en portugués e así achegarlles a lingua.



09/02/25

Obradoiro de títeres en 5º e 6º de primaria

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria gozou dun marabilloso obradoiro da man de Ton Arenas, quen lles amosou todo o proceso para deseñar e crear  os seus propios títeres de cartón. Despois, déronlle voz e representaron pequenas escenas teatrais deixando voar a súa imaxinación.


25/01/25

5º e 6º na cidade de A Coruña

 O pasado  14 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria tiveron unha saída para visitar o Aquarium Finisterrae e o Domus. Foi unha xornada de aprendizaxe e convivencia marabillosa!




23/11/24

25 N con Scratch en 5º e 6º

O alumnado de 5º e 6º estivo traballando a conmemoración do 25N coa aplicación Scratch.

Saíron mensaxes moi enriquecedoras.


02/11/24

Elaboración de cabazas con fío condutor e leds en 6°

 Logo de moito practicar, de preguntarnos o motivo polo que os led non acendían, de coser e descoser… por fin demos rematado as nosas cabazas terroríficas! Decoramos o corredor en elas e, gustaron moito ao resto de compañeiros e compañeiras do cole.




 


02/06/24

CHARLA CIBERSEGURIDADE

 O venres o alumnado de quinto e sexto de Primaria recibiu unha charla de ciberseguridade enmarcada dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus Entornos.




11/05/24

Excursión de 6º a Silleda

 Onte o alumnado de 6º volveu da  excursión de fin de curso. 

Pasaron tres días estupendos onde aprenderon a convivir coa natureza. 







12/04/24

Obradoiro de Inho en 6º

 

 Onte, o alumnado de 6° tivo un obradoiro de iniciación ao portugués. Gustoulles moito.


22/12/23

Visita dos Reis Magos ao alumnado de 5º e 6º de primaria

 Os Reis Magos visitáronnos e puideron comprobar o ben que cantan e bailan os nenos e nenas de 5º e 6º.

Aquí están os nenos e nenas de 5º cos Reis Magos



E aquí o alumnado de 6º



En 5º, cantaron e bailaron O cometido.


En 6º cantaron un canon  a dúos voces, acompañados con instrumentos de pequena  percusión.



15/12/23

O alumnado de 5º e 6º de primaria canta panxoliñas de Nadal no Centro de día Apreixo

 Hoxe, as nosas nenas e nenos foron cantar unha panxoliña aos maiores do centro de día Apreixo. Tiveron a sorte de escoitar aos maiores cantarlles a eles tamén e recibiron unha fermosa postal navideña que lle deron feitas coas súas mans.

Grazas Apreixo!











08/10/23

Paseo polo río da Fraga

 O alumnado de 6º de primaria saíu facer unha andaina que tiñan pendente desde o curso pasado. 

Percorreron o sendeiro do río da Fraga acompañados dun biólogo que lles explicou unha morea de cousas moi interesantes sobre a contorna que rodea este sendeiro. 

Queremos darlle as grazas por todo o que nos contou e polas cancións que nos cantou acompañado polo seu ukelele.

03/06/23

Excursión de 6º

 

Este é un breve resumo da experiencia do curso de 6º en Fervenza-aventura. Pasárono xenial. 


E mentras no tempo libre algúns xogaban ao fútbol, outros dedicábanse a….








09/05/23

As familias contan en Infantil

 Nas aulas de Infantil estanse recibindo visitas das familias para contar contos, e a semana pasada  foi Karla, de quinto, á clase do  seu irmán Mateo. Xunto coa súa madriña, narraron dúas bonitas historias, unha delas coa técnica do Kamishibai, que lles encantaron ás nenas e nenos.   

  


                                MOITAS GRAZAS! 

                    

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue