Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto de Innovación educativa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto de Innovación educativa. Amosar todas as publicacións

06/06/11

Xa veñen!

Estamos ansiosos esperando o día 8, no que recibiremos
aos amigos e amigas de Taragoña
Isto é o que lle temos peparado:.

24/05/11

Intercambio lingüístico


Por fin chegou o día! O mércores 25 de maio viaxaremos a Rianxo a falar e escoitar aos nosos amigos do Brea Segade. Temos unha interesante e completa programación: visita ao centro arqueolóxico de Neixón, obradoiros, visita ao castro , ruta dos muíños de Guláns e contacontos..

Pero o que esperamos con ansias é o encontro cos amigos que coñecemos o curso pasado.

10/05/10

Xa veñen!


O martes 11 de maio, esperamos a visita do C.E.P. Brea Segade de Taragoña. Xa nos tardan!
Temos preparada unha xornada na que chegarán de Vigo en barco, visitarán o pobo de Moaña, coñecerán o noso cole e xogaremos xuntos. Estamos moi emocionados.
Ao longo do curso intercambiamos fotos, vídeos, contos, cartas e correos, agora queremos coñecelos en persoa e facer novos amigos.
En Audiobliblio podemos atopar as presentacións sobre Moaña que deseñou o alumnado do terceiro ciclo. Aquí tedes unha:

View more presentations or Upload your own.

08/12/09

En Galego pola rede. Onde está Rianxo?

En Galego pola rede.
Este é o título do noso proxecto á innovación en normalización lingüística para o curso 2009-2010.
Algunhas das actividades xa están a desenvolverse, como a do intercambio co
CEP Brea Segade de Taragoña, no concello de Rianxo.
Esta semana enviaremos por correo as presentacións feitas polos rapaces e rapazas do p
rimeiro e segundo ciclo.
Pero, onde está Rianxo?
Velaí o camiño que google nos indica para poder chegar aló.
E vós, que sabedes de Rianxo?
Onde está?
Que hai alí?
Quen é ou era de alí?

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue