Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2024-2025. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2024-2025. Amosar todas as publicacións

07/06/25

3º nos monumentos de Moaña

A clase de terceiro pasou unha xornada moi interesante con Lito Portela, artista local que lles falou de moitas esculturas que temos en Moaña.

04/06/25

Actuacións no festival das Letras Galegas

 4º e 5º de infantil

"Miña abuela Manuela"



 

3º de primaria "É venres xa por fin"

 

5º e 6º de primaria

 

20/05/25

Actuacións Letras Galegas 2025

No seguinte enlace tedes as actuacións do festival das Letras Galegas que se vai celebrar este venres na sesións da tarde.

Premede na imaxe




08/05/25

Actividades Seminario Galán nas Letras Galegas

 No seguinte enlace tedes todas as actividades creadas polas persoas integrantes do Seminario Galán para estas Letras Galegas.

Atoparedes actividades en liña, xogos interactivos, compilacións de cancioneiros e moitas máis actividades.

Premede na imaxe

05/05/25

Primavera das Letras 2025

 A Real Academia Galega a través da súa sección "Primavera das Letras" ofrécenos xogos, vídeos e moitos máis recursos sobre a poesía popular oral.

Premede na imaxe e gozaredes da riqueza cultural de Galicia



03/05/25

Polbo de nove brazos no seu hábitat natural

 Interesante noticia publicada en Gciencia sobre un polbo de nove brazos  no seu hábitat natural.



02/05/25

Libros en galego sobre Ciencia

GCiencia ofreceunos neste pasado mes de abril, mes dos libros,  seis títulos que debemos ter en conta os fans da ciencia.

Premede no recorte 
 

30/04/25

Concerto da Escola Municipal de Música

Fantástico o concerto que nos ofreceu a Escola Municipal de Música de Moaña co título "De que cor é un bico" dentro do programa Aprende Moaña.

27/04/25

Caranvexornal 2025

 Aquí podedes ver o magnífico informativo que fixemos no cole para publicar na páxina do Concello de Moaña dedicada a dar visibilidade ao traballo feito nos distintos centros educativos.


23/04/25

DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos o Día do Libro na biblioteca do colexio, cunha sesión de contacontos moi especial, a cargo de Olalla González, compañeira do colexio e autora de moitos libros infantís. O alumnado, dende infantil ata os maiores do cole, disfrutaron coas súas historias.

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!





18/04/25

Aprendemos sobre teatro

 Na biblioteca, o alumnado de 1º, 2º e 3º recibimos a Borja, o monitor do Plan Madruga, que nos fixo o favor de contarnos un pouco sobre o mundo do teatro; e trouxo de visita a " Loli" a dos "Bolechas", e a outro amigo seu para que viramos como funcionaba o mundo dos monicreques.

Pasamos unha xornada moi divertida. Moitas grazas Borja.

06/04/25

5º e 6º en Cabo Home

 

 O alumnado de 5º e 6º fixo unha andaina moi interesante en cabo Home.






05/04/25

3º e 4º na Casa Museo de Rosalía


Hoxe o alumnado de terceiro e cuarto fixemos unha visita á Casa de Rosalía en Padrón.

Aprendemos moitas cousas interesantes sobre a súa vida, a súa familia e o seu legado.

Pasámolo xenial







04/04/25

Teatro en segundo

 O alumnado de 2º de EP adaptou o libro "Contos de ratiños" de Arnold Lobel publicado por Kalandraka para o teatro. 

Supúxolles un gran esforzo e moita dedicación pero o resultado pagou a pena.

 Nestes vídeos podedes disfrutar do MAKING OFF con todo o seu traballo:

E a continucación poderedes ver a posta en escena dos catro contos que elexiron: "Rato alto e rato baixo" adaptado polo alumnado de 2ºEP:
"Rato e os ventos" adaptado polo alumnado de 2ºEP:
"O rato vello" adaptado polo alumnado de 2ºEP:
"O pozo dos desexos" adaptado polo alumnado de 2ºEP:

30/03/25

"Cecilia e a súa boneca": Obra de teatro da compañía A Run Run

 O xoves, o alumnado de Quintela asistiu á obra de teatro “Cecilia e a súa boneca” que se realizou no auditorio Daniel Castelao da man da compañía de teatro A Run Run.

Foi moi divertida! Rimos moito e pasámolo moi ben!

27/03/25

DÍA DA POESÍA

 O 21 de marzo, no Día da Poesía, o alumnado de Quintela, intercambiou uns fermosos poemas dramatizados cos seus padriños e madriñas lectores. Unha vez recitados os poemas, intercambiaron cos seus amigos e amigas os poemas e unha flor feita por eles.

Deixámosvos os recitados dos poemas de todos os cursos para que os disfrutedes.

FELIZ DÍA DA POESÍA!!!

25/03/25

Radiopoemas

 O alumnado de 5ºI, polo Día da Poesía, gravou na radio uns fermosos poemas de Rosalía de Castro e Antonio García Teijeiro, coa axuda do alumnado de 3ºP.


17/03/25

Letras Galegas 2025

 Xa sabedes que este ano 2025 o Día das Letras Galegas está dedicado á poesía popular oral.

A Dirección Xeral de Promoción da Igualdade pon á nosa disposición dúas unidades didácticas relacionadas con este día.

Premede nas imaxes para coñecer ás protagonistas.









08/03/25

Coplas cantadas

 

Aquí deixamos as coplas cantadas deste Entroido







02/03/25

Coplas Entroido

 Aquí tedes o enlace para ver as coplas deste Entroido

Premede na imaxe



Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue