07/06/24
06/06/24
Saída ao parque dos sentidos
Que fermoso día de convivencia tivo o alumnado de 1° e 2° no Parque dos sentidos
05/06/24
Coñecemos Galicia en RadioQuintela
Este curso as nenas e nenos de 4º déronnos a coñecer os seus lugares favoritos de Galicia.
02/06/24
CHARLA CIBERSEGURIDADE
O venres o alumnado de quinto e sexto de Primaria recibiu unha charla de ciberseguridade enmarcada dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus Entornos.
01/06/24
Charla Protección da natureza
Onte o alumnado de quinto e sexto de Primaria recibiron unha charla de protección da natureza enmarcada dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus Entornos.
Resultou moi interesante.
31/05/24
Festival Letras Galegas
2º de primaria: "Axente riciños" 3º de primaria: "O horror do plástico"
30/05/24
O terceiro ciclo no Festival
5º de primaria: "Se chove"
23/05/24
Charla boas prácticas en internet
Hoxe visitounos Enrique Costa que nos explicou os perigos dun mal uso de internet.
Entre outras cousas aprendemos a crear contrasinais seguros.
22/05/24
Carteis Festival Letras Galegas
O alumnado de 5º elaborou estes estupendos carteis para que estemos ben informados do que vai acontecer.
15/05/24
Visita á praza de Moaña
A clase de primeiro foi visitar a Praza de Abastos de Moaña. Alí agardáballes Alex para guiar a vista.
Aprenderon moito sobre os peixes, Como fai o rape para cazar aos peixiños, por que o Martiño ten unha mancha escura e moitas curiosidades máis.
Esta actividade está organizada polo Concello de Moaña, no seu programa Aprende Moaña.
Gustounos moito a visita.
13/05/24
Xornada de marisqueo en 3º
Onte a clase de 3º foi á Xunqueira e puideron acompañar ás mariscadoras. Pasárono moi ben buscando marisco e xogando coa auga. Agardáballes unha sorpresa moi especial, porque viron golfiños!
11/05/24
Excursión de 6º a Silleda
Onte o alumnado de 6º volveu da excursión de fin de curso.
Pasaron tres días estupendos onde aprenderon a convivir coa natureza.
10/05/24
Caranvexo TV
Aquí vos deixamos a nosa edición do Caranvexornal.
04/05/24
Charla sobre o marisqueo en 3º
Onte na clase de terceiro tiveron a visita de María Dolores, a presidenta de mariscadoras de Moaña. Ensinoulles moitas cousas como a diferencia entre distintas ameixas, os aparellos que emprega, etc.Para rematar invitoulles a ir mariscar con ela á praia da Xunqueira. Que ilusión!!!
01/05/24
Maios no centro de maiores Contigo
Onte o alumnado de terceiro foi invitado ao centro Contigo para facer un maio e darlle así a benvida a primavera...
Encantoulles traballar en equipo cos nosos maiores.
30/04/24
Día da danza 2024
Este luns, 29 de abril, todos os nenos e nenas do CEIP Quintela celebraron o Día da Danza bailando dúas pezas de música tradicional galega.
27/04/24
As familias contan
Un novo conto compartido polas familias. Jeny contounos A máscara de león , amósanos como empregar os sentimentos para relacionarnos.
26/04/24
Obradoiro de banda deseñada en 4º
Onte tivemos a visita de Jorge Campos, ilustrador de banda deseñada. Podemos atopar as súas ilustracións no cómic "Unha mestra en apuros", nalgúns exemplares da revista "Papagaio" e nalgunhas outras publicacións.
Contounos que goza moito co seu traballo e achegounos ao mundo da banda deseñada dun xeito moi ameno.
Agradecémoslle moito que nos dedicase parte do seu tempo explicando o seu importante traballo.
22/04/24
Luísa Villalta: recursos Seminario Galán
16/04/24
Recursos: Luísa Villalta
Achégase o mes de maio e con el a celebración das Letras Galegas.
Este ano a autora homenaxeada é Luísa Villalta Gómez.
A Real Academia Galega ofrécenos no seu espazo web "Primavera das Letras" recursos lúdicos e didácticos para darnos a coñecer a figura e obra desta autora coruñesa. Atoparedes a súa biografía en formato conto, actividades interactivas e varios documentais.
Premede na seguinte imaxe
Para facer un comentario
- Pulsa co cursor enriba de comentarios
- Elixe de identidade "Nombre"
- Pulsa en "Publicar comentarios"
- Pon o teu nome
- Escribe o teu comentario no recadro
- Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue




































_-_1.jpg)
