Lingua galega tv, a canle de televisión por internet, subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística ven de publicar o vídeo filmado no noso centro sobre o Proxecto de Innovación en Normalización Lingüística, agora de Dinamización .
Para acceder, hai que seleccionar do primeiro grupo de vídeos "Lingua, cámara, acción", o titulado "Premios de Innovación en Dinamización Lingüística. Poderemos ver tamén unha reportaxe sobre o proxecto do IES de Rodeira , en Cangas, que tamén resultou premiado.Preme na imaxe.
Amosando publicacións coa etiqueta Innovación educativa b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Innovación educativa b>. Amosar todas as publicacións
14/03/11
23/01/11
Vídeo "As nosas mascotas"
Van chegando as primeiras producións audiovisuais, esta corrresponde a un traballo que fixeron en terceiro de Primaria sobre as mascotas:
04/11/10
Do CERN a Compostela, pasando polo Son
Desenvolveuse sen dificultades técnicas, pero o máis salientable deixando a un lado o carácter innovador da actividade, foron as emocións vividas. Saber que moitos outros rapaces e rapazas, mestres e mestras estaban a ver e escoitar o mesmo ca nós, lendo no chat as súas impresións era moi emocionante. E sobre todo saber que uns eminentes científicos e científicas dedicaban o seu tempo a facer comprensible esa parte da Física tan pouco visible, casi esotérica ou achegada á ciencia ficción: a física de partículas
As didácticas explicacións de Teresa Fonseca e Abraham Gallas Torreira trasladáronnos nun abrir e pechar de ollos ao túnel acelerador de partículas e a imaxinación das minúsculas partículas que integran a materia.
Desde a USC nunha experiencia pioneira, os profesores Carlos Salgado e
E despois está a mensaxe para a nosa lingua, que acompañou a estes prestixiosos científicos e científicas na súa esplendorosa carreira sen constituír traba algunha.
Parabéns a todos os organizadores por tan proveitosa actividade.
27/10/10
Premio ao noso proxecto
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ven de anunciar a resolución aos premios de Innovación en dinamización Lingüística.
De novo, e por segundo ano, o nos centro ve premiado o seu proxecto, (En galego pola rede II) que é unha continuidade do anterior.
Os premiados nesta edición, xunto co noso colexio son:
CEIP de Aguiño, en Ribeira (A Coruña), o CRA Mestra Clara Torres, en Tui (Pontevedra), o IES Perdouro, en Burela (Lugo) e o IES Rodeira, en Cangas (Pontevedra)
A información, na páxina da Xunta:
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Etiquetas:
Curso 2010-2011,
Dinamización da lingua,
Innovación educativa
11/05/10
Xornada de emocións
Hoxe desenvolvemos a primeira xornada do intercambio Quinte
la - Brea Segade, Moaña - Rianxo. Para algúns era a primeira vez que estaban na ría de Vigo e viaxaban en barco, e para nós era a primeira vez que tiñamos tantos rapaces falando galego no patio da escola.
Logo de dar un paseiño polo pobo, o concelleiro de Medio Ambiente de Moaña, recibeunos na praia da Xunqueira para explicarlles o proceso de rexeneración do complexo dunar .
Cando chegaron ao colexio, despois das presentacións e as visitas a todos os recunchos da
escola, viñeron os xogos, pero neles Quintela e Taragoña xogaban no mesmo bando.
Agrupáronse por parellas, de maneira indi
vidual, por equipos...e todos e todas o pasaron en grande.
Un 10 para estes nenos e nenas de Taragoña, aos que fixemos cruzar media Galicia para coñecelos e escoitalos falar.
E un 10 tamén para o concello de Moaña, que colaborou con nós de xeito activo para que esta xornada fora un éxito.
Logo de dar un paseiño polo pobo, o concelleiro de Medio Ambiente de Moaña, recibeunos na praia da Xunqueira para explicarlles o proceso de rexeneración do complexo dunar .
Cando chegaron ao colexio, despois das presentacións e as visitas a todos os recunchos da
Agrupáronse por parellas, de maneira indi
Un 10 para estes nenos e nenas de Taragoña, aos que fixemos cruzar media Galicia para coñecelos e escoitalos falar.
E un 10 tamén para o concello de Moaña, que colaborou con nós de xeito activo para que esta xornada fora un éxito.
09/05/10
Xavier Blanco na Galipedia
Xavier Blanco, o mestre gaiteiro, etnógrafo e investigador moañés xa ten artigo na Galipedia.
Os de sexto, primeiro editaron a entrada que hai sobre Moaña, para incluir entre os persoeiros ilustres a Xabier Blanco.
A continuación crearon a entrada sobre Xabier, con información recollida do propio gaiteiro.
Vemos a imaxe no encerado dixital:
Preme na imaxe para ver como quedou:

Colaboramos coa Galipedia,
Innovación educativa
03/02/10
As aulas e o despacho
Na Xornada de Formación dos Premios de Innovación en Normalización Lingüística, o profesorado fixo chegar a Anxo Lorenzo algunhas das súas críticas ao borrrador do decreto:
as aulas e o despacho from SonCine on Vimeo.
as aulas e o despacho from SonCine on Vimeo.
Etiquetas:
Curso 2009/2010,
Innovación educativa
30/01/10
Xornada en Santiago
Este fin de semana, varias profesoras do centro participamos na xornada de traballo que Normalización Lingüística realiza para os centros que acadaron os premios aos proxectos de Innovación en Normalización Lingüística.
Pola mañá tivemos a docencia de Felipe Zayas, autor de Darle a la lengua,
Pola tarde, os centros presentaron un resumo dos seus proxectos.
Este é o noso:
Pola mañá tivemos a docencia de Felipe Zayas, autor de Darle a la lengua,
Pola tarde, os centros presentaron un resumo dos seus proxectos.
Este é o noso:
EN GALEGO POLA REDE
View more presentations or Upload your own.
02/12/09
Premios á innovación en normalización lingüística
Veñen de publicarse os Premios á innovación en normalización lingüística nos centros escolares.
Un total de 7 centros ven premiados os seus proxectos:
O noso centro é un dos premiados co proxecto "En galego pola rede".
Aquí tedes a lista dos premiados:
CEIP Aguiño, Ribeira (A Coruña)
CEIP A Gándara-Sofán, Carballo (A Coruña)
CEIP A Pedra, Bueu (Pontevedra)
CEIP Bergantiños, Carballo (A Coruña)
CEIP Quintela, Moaña (Pontevedra)
IES Menéndez Pidal (A Coruña)
IES Sardiñeira (A Coruña)
Debido á calidade dos proxectos presentados, concédenses ademais 4 accésit.
IES Félix Muriel, Rianxo (A Coruña)
IES Perdouro, Burela (Lugo)
IES Rodeira, Cangas (Pontevedra)
IES Porto do Son, Porto do Son (A Coruña)
Se queredes toda a información, clicade AQUÍ
Parabens aos demais centros!!!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Para facer un comentario
- Pulsa co cursor enriba de comentarios
- Elixe de identidade "Nombre"
- Pulsa en "Publicar comentarios"
- Pon o teu nome
- Escribe o teu comentario no recadro
- Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue