Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: o magosto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: o magosto. Amosar todas as publicacións

10/12/25

Xornada de convivencia no IES A Paralaia

 O pasado 21 de novembro, o alumnado de 6º de primaria realizou unha saída ao Instituto IES Paralaia para celebrar unha xornada de convivencia e o magosto. Durante a mañá, puidemos participar en diferentes actividades preparadas polo instituto, pensadas para fomentar a colaboración, o respecto e o traballo en equipo entre estudantes de diferentes centro de Moaña que o próximo ano estarán e compartiran clase no insti.

Despois dos xogos, gozamos do tradicional magosto e compartimos un momento festivo nun ambiente próximo e agradable. A actividade permitiu reforzar a relación entre centros e vivir unha experiencia educativa diferente e enriquecedora.

Foi unha xornada divertida, participativa que agardamos repetir.






29/10/25

Magosto no centro de día Contigo

Onte o alumnado de 3º visitou o centro de día Contigo para celebrar cos maiores o magosto.

Ensináronlles xogos tradicionais. Despois comeron castañas e biscoito e finalmente bailaron co grupo Charaviscas de Domaio. 

Pasárono xenial!



05/11/24

Chega o magosto

 Esta semana celebraremos o magosto e na seguinte imaxe tedes varios recursos lingüísticos sobre esta celebración. 

Foron elaborados pola comunidade educativa do CPI Cabo de Area de Laxe.



28/11/23

O magosto

 Un ano máis, o alumnado de infantil disfrutou dunha xornada lúdica no día do Magosto: xogos tradicionais, castañas,...


23/11/23

Celebramos o magosto

 Este xoves celebraremos o magosto no cole.

O alumnado de 6º elaborou estes ferrosos carteis para anunciar o que vai acontecer


21/10/23

A castaña, o castiñeiro e o magosto

Nesta entrada deixámosvos unha serie de recursos didácticos relacionados co Magosto.

Están elaborados por tres centros educativos coruñeses e neles podedes atopar lecturas, encrucillados, manualidades...

Premede na imaxe



13/11/22

Magosto 2022

 Un ano máis celebramos o Magosto e as nenas e nenos de 6º foron axudantes destacados na celebración.


10/11/22

O rap do magosto

Esta semana celebramos o magosto e as nenas e nenos de 3º recitaron este animado rap de Paco Nogueiras titulado "O rap do magosto". 
Escoitade o ben que lles saiu:

 

09/11/22

Celebramos o magosto

Un año máis temos todo preparado para celebrar o magosto.

Estes orixinais carteis  elaborados  polo alumnado de 6º de primaria infórmanos do que vai acontecer.





15/10/22

Xogos tradicionais

 O CCG e o Observatorio do Patrimonio Lúdico pon á nosa disposición unha aplicación sobre xogos tradicionais que pode ser moi útil para celebrar o Magosto.

Premede na imaxe para acceder





09/11/21

Celebramos o magosto

Este venres celebraremos o magosto no colexio. Aquí quedan estes estupendos carteis elaborados polo alumnado de 6º.






07/11/19

Celebramos o magosto

Este venres, día 8, celebraremos a festa do magosto no colexio. Estes  fermosos carteis que elaboraron as nenas e nenos de 6º de primaria anúnciannos as actividades que imos facer.


23/11/18

Magosto no IES A Paralaia

O venres pasado o alumnado de sexto curso foron convidados a celebrar o magosto no IES A Paralaia.
Foi unha experiencia moi bonita. Unha das actividades consistiu en formar equipos para crear carteis relacionados co día da Non Violencia. 
Estes foron os carteis do noso alumnado:









09/11/17

Celebramos o magosto

Onte, celebramos no cole o magosto. Practicamos diferentes xogos populares e tradiconais, comemos as castañas e tamén tivemos tempo de pintarnos as caras...
Desde o cole, queremos dar as grazas aos pais e nais que colaboraron asando as castañas!
Tamén queremos dar os parabéns ao alumnado de 6º curso pola súa axuda ao resto do alumnado do centro no desenvolvemento das distintas actividades.

 

05/11/17

Carteis anunciando o Magosto

Chega o Magosto ao Colexio de Quintela!!
Os nenos e nenas de 6º de Primaria queren anunciarnos esta celebración con estes fermosos carteis.






31/10/16

Os carteis de 6º

En 6º  elaboramos o cartel da Festa do Magosto. É unha boa maneira de traballar a linguaxe publicitaria.
Aí van as fotos dos 5 carteis que compuxemos traballando en grupo.





22/10/16

Recursos de Outono

Coa chegada do outono recuperamos esta recompilación de adiviñas, cantigas, refráns e ditos sobre o outono e o magosto.

Receitas de outono

Coa chegada do Samaín e do Outono recuperamos para todas as familias estas receitas de outono que foron aportadas polo alumnado e as familias no curso 2014-15. O alumnado de 5º de primaria do citado curso elaborounas nun programa de maquetado e así de ben quedaron. Dende o EDLG queremos agradecer unha vez máis ás familias a súa colaboración  nas actividades propostas.  
 

21/10/15

RECEITAS DE OUTONO

Estas receitas de outono foron aportadas polo alumnado e as familias no curso 2014-15. O alumnado de 5º de primaria do citado curso elaborounas nun programa de maquetado e aquí temos os resultados. Dende o EDLG queremos agradecer unha vez máis ás familias a súa colaboración  nas actividades propostas.  
 

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue