Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2022-2023. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2022-2023. Amosar todas as publicacións

10/06/23

Proxecto "O Mar" en 5º de primaria

 O alumnado de 5º estivo traballando moitísimo sobre a proposta que lle fixo a mascota da biblioteca Paco sobre o proxecto "O mar".

Investigaron sobre as illas que conforman o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Gravaron na radio distinta información sobre Ons, Sálvora, Cíes e Cortegada e, enlazaron esa información coas Makey Makey programando con Scratch nas maquetas que elaboraron.

Un inmenso traballo que deu un fermoso resultado.

Parabéns!







03/06/23

Excursión de 6º

 

Este é un breve resumo da experiencia do curso de 6º en Fervenza-aventura. Pasárono xenial. 


E mentras no tempo libre algúns xogaban ao fútbol, outros dedicábanse a….








29/05/23

Festival Letras Galegas 2023

4º de infantil: "Os tres porquiños"
5º de infantil: "Fun ao mercado"
6º de infantil: "O cangrexo"
1º de primaria: "Piratas"


2º de primaria: "Todo é un conto"
3º de primaria: "Un peixe moi divertido"
4º de primaria: Mamasiña, que medo!
5º de primaria: "A saia da Carolina"
6º de primaria: "Indiana Jones"
6º de primaria: "Nin rico, nin pobre"

27/05/23

Tesouros xeolóxicos

Neste mes de maio, o Consello da Cultura Galega  ofrécenos un novo especial de  PROXECTOR (audiovisuais en galego para a docencia) a cargo de Xacobo de Toro, profesor de bioloxía e xeoloxía e divulgador científico.
Atoparedes unha chea de recursos e información para ver e escoitar tesouros xeolóxicos.
Premede no enlace.

16/05/23

Celebramos as Letras Galegas

Este venres celebramos o festival das Letras Galegas. 
Nestes carteis as nenas e nenos de terceiro anúnciannos as actuacións. 
Agardámosvos na sala Celso Parada.

 




09/05/23

As familias contan en Infantil

 Nas aulas de Infantil estanse recibindo visitas das familias para contar contos, e a semana pasada  foi Karla, de quinto, á clase do  seu irmán Mateo. Xunto coa súa madriña, narraron dúas bonitas historias, unha delas coa técnica do Kamishibai, que lles encantaron ás nenas e nenos.   

  


                                MOITAS GRAZAS! 

                    

01/05/23

Recursos Letras Galegas 2023: Seminario Galán

Un ano máis o Seminario Galán ofrécenos recursos e actividades para coñecer a vida e a obra de Francisco Fernández del Riego.

Premede na imaxe para ver os recursos.





29/04/23

Obradoro de radio en 3º

No 2º trimestre as nenas e nenos de 3º recibiron un obradoiro de formación de radio da man de Damián Alonso, actor de dobraxe. 
Resultou unha actividade moi interesante e que aproveitaremos en RadioQuintela.






21/04/23

Recursos Letras Galegas 2023

Este ano  a Real Academia Galega pon á nosa disposición varios recursos no seu espazo web Primavera das Letras. sobre o autor homenaxeado no Dia das Letras Galegas, Francisco Fernández del Riego.  Atoparedes desde a obra de teatro As cousas de don Paco de Eva Mejuto ata a sección Xoga connosco, con actividades interactivas e o concurso escolar Contádenos o Voso Día das Letras. 

Premede na imaxe e atoparedes toda a información




03/04/23

Poesía en Radiopoemas

 Valeria e Enzo recitan O neno e o xabarín

  

Carmen e Iago recitan A lúa


 

 

02/04/23

Radiopoemas, máis poesía

Ivanna e Enzo recitan Deixádeme libre


 


 

Liah e Lucas recitan Dona Chuvia


 

 

01/04/23

Novos recitados en Radiopoemas

 Uxía e Lois agasállannos co poema Gato Don honorato de Helena Villar Janeiro 


 

 
Óscar e Aroa tráennos Corazón, de Fran Alonso

 
 

30/03/23

Mes da poesía en 1º

 

Na clase de música, celebraron tamén o mes da poesía, cantando un poema de María Victoria Moreno, con música de Susa Herrera.

 

 

Mes da poesía en 2º

 

Na clase de música de 2º, estiveron cantando un poema de Antonio García Teijeiro, con música de Susa Herrera. É un poema ben lindo. Esperamos que vos guste!


OS SOLPORES

 

Os solpores teñen ollos

negros, grises e vermellos,

que aloumiñan as mociñas,

os rapaces e os máis vellos.

Lalai lalailai, lalai lalala…

 

Os solpores teñen ollos,

misteriosos, mentireiros,

que deitan o seu rubor

encol dos soños baleiros.

Lalai lalailai, lalai lalala…

 

Os solpores teñen ollos,

solermiños, rebuldeiros,

que danzan coa paisaxe

nos veráns e nos invernos.

Lalai lalailai, lalai lalala…

 

Os solpores teñen ollos

inspirando mil historias

que acontecen nas aldeas,

nas montañas e nas costas.

Lalai lalailai, lalai lalala…




Chove nos versos en Radiopoemas

 

 Primeiro programa de Radio poemas, esta vez escoitamos a Aitor, Nahara, Mario e Lois.


Mes da poesía en 3º

 

 Tamén na clase de música de 3º quixeron celebrar o mes da poesía cantando un poema. É o poema Treboada, de Antonio García Teijeiro, con música de Susa Herrera



Mes da poesía en 4º

 

 Na clase de música, cantamos poesía. Nesta ocasión, un poema de Antonio García Teijeiro, con música de Susa Herrera. Quedou ben linda a nosa interpretación!



Exposición oral en 4º, 5º e 6º sobre a avespa velutina

 As nenas e nenos de 3º visitaron aos compañeiros de 4º, 5º e 6º de primaria para contarlles todo o que aprenderon na charla sobre a avespa velutina.


 Tamén os animaron a facer trampas caseiras para atrapar ás raíñas ao comezo da primavera.

 Mira de que ben o fixeron!!!

28/03/23

Mes da poesía

 

 Neste mes, tamén nas sesións de música, quixeron lembrar o afortunados e afortunadas que somos por ter a poesía e poder gozar dela.

Aquí temos unha poesía de Florencio Delgado, con música de Susa Herrera.


RESPOSTA A ROSALÍA

 

Ti cantar, cantar, cantache,

ti cantache Rosalía

Ti cantar , cantar, cantache

Da grasia de Deus unxida.

Ai larala lailarala lailarala lailaaa…

 

Rulas que os loitos choran,

Galos na amañecida

Aires que tollen as mágoas

mozas pernas que rebrincan.

Ai larala lailarala lailarala lailaaa…

 

Frores na beira do río

Mar xogando coas ondiñas

ti cantache alborada

ó amerncer dun craro día.

Ai larala lailarala lailarala lailaaa…

 

Ti cantar, cantar, cantache,

ti cantache Rosalía

Ti cantar , cantar, cantache

Vos glorios da Galicia!

Ai larala lailarala lailarala lailaaa…

 

Letra : Florencio Delgado

Música: Susa Herrera


Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue