Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2017-2018. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2017-2018. Amosar todas as publicacións

23/06/18

Xornada de convivencia en Castrelos

Como sabedes, o mércores 13 de xuño, todos os nenos e nenas do cole estivemos de xornada de convivencia en Castrelos.
Tanto 5º como 6º, fixemos unha ruta polo río Lagares ao chegar, logo visitamos o Pazo de Fernando Quiñones de León, demos un paseo polos xardíns que rodean o mencionado Pazo e despois comemos, xunto co resto de alumnado do cole, no parque de Castrelos. Xogamos e voltamos para o cole, non sen antes acompañar aos pequenos ata o bus.




5º e 6º visitan o Club de remo de Tirán

O alumnado de 5º e 6º tivo a oportunidade de coñecer as instalacións dun club de remo, practicar no ergómetro e remar no foso. Tamén tiveron ocasión de saír ao mar en batel. 
Quedaron encantados.
Grazas ao club polo seu tempo e dedicación nestas dúas xornadas.





08/06/18

Saímos na radio

Hoxe Xulio e Zoe, acompañados de María, a profe de inglés, foron ao programa de Paula Suárez  "De Viva Voz" de Single Radio.
Alí falaron ( e fixéronno moi ben )de Pinto e Pistacho, os cans da Prote que temos apadriñados, e contaron as cousas que facemos e aprendemos para coidar dos animais e concienciar á xente de que non se abandonan.



07/06/18

As familias contan de novo


A nai de Uxía contoulles esta semana en 5º de Infantil un conto titulado:
 "Unha casa para Tom".
Grazas a todas as familias por participar na actividade "As familias contan"




04/06/18

Visitamos a ludoteca

Os nenos e nenas de Infantil visitaron a Ludoteca municipal. É unha actividade que forma parte do proxecto da concellalía de ensino "Aprende Moaña":





30/05/18

Asistimos a un concerto

Esta semana asisitimos ao concerto da Escola de múisica baseado non conto de OQO "Pulga e xigante".

Esta actividade forma parte do proxecto "Aprende Moaña" da Concellalía de ensino.

29/05/18

As familias contan en 5º de Infantil

Na clase dos gatiños siguen contando contos. Desta volta tocoulle a Tania, a nai de Lois, que lles leu dous contos moi divertidos:
"Os chivos, chivóns" e "Todo sobre gatos"



 



Moitas grazas!!!






















28/05/18

Festival Letras Galegas: actuacións

Estos son os vídeos do Festival das Letras 2018:
4º de Infantil coa canción "A mellor sopa do mundo":



5º de Infantil coa súa canción "Piratas" de Pablo Díaz:

6º de Infantil coa obra titulada "Don rato busca un obreiro"

1º de Primaria coa canción de Susa Herrera "O crocodilo":

2º de Primaria coa obra "Os desexos das margaridas":

3º de Primaria coa canción "A ra" de Susa Herrera:

4º de Primaria coa obra "A ratiña feroz", 1ª parte:

4º de Primaria "A ratiña feroz", 2ª parte:

5º de Primaria coa peza musical "A saia da Carolina":

6º de Primaria coa obra titulada "Restaurante Farruco": 

26/05/18

5º de Infantil visita a Exposición Interactiva

Onte, os gatiños, visitaron a Exposición Interactiva das Letras Galegas que elaborou todo o alumnado do cole sobre a vida e obra de María Victoria Moreno.
Atópase na entrada do colexio e podedes visitala polas tardes.

A exposición conta con contidos audiovisuais aos que se pode acceder coas tblets que poñemos á vosa disposición.











22/05/18

As familias contan de novo

Na clase dos gatiños tiveron outra familia que se animou a contar contos:
A nai de Óscar contoulles un conto de Excavadoras e outro da colección de Teo
Grazas de novo pola visita!!!







Os traballos das familias dos gatiños

A semana pasada tiveron a visita de Iago, o pai de Uxía, que é enxeñeiro.
Traballa nunha fábrica que fai pezas para os coches.

Amosoulles uns vídeos e explicoulles en que consiste o seu traballo. Tamén trouxo algunhas pezas que fan na súa fábrica.

Foi moi interesante!!!










20/05/18

16/05/18

Os clubs de lectura de 5º e 6º recitan a Teijeiro

Os clubs de lectura de 5º e 6º estiveron lendo,  recitando e ilustrando poemas de Antonio García Teijeiro e agora queren
compartilos con nós. 

Abril, mes do libro

Estas son algunhas das actividades que fixeron os nenos e nenas de 5º de Infantil pola celebración do "Día do libro"

Os martes contamos nós

Onte remataron as sesións de contacontos dos martes en 6º de infantil.
Desta volta tocoulle a Aixa, que lles agasallou coas peripecias de Daisy na "Primeira semana na escola de vacas"




Moitas grazas a todas e todos porque o fixestes moi ben!!!









                 

15/05/18

As tartarugas están encantadas con novos contos familiares

 Grazas a Fátima, a nai de Sara





A Susana, a nai de Daniela




A María, a nai de André




E a Raquel, a nai de Ana



11/05/18

As familias contan en 5º de Infantil

Esta semana na clase dos gatiños tiveron máis contos por parte das familias:A nai de  Enzo, o avó de Aroa e a avoa de Carmen:









 



Grazas a todas as familias!!!








Contos en 5º de infantil

Esta semana na clase dos gatiños tiveron a visita de tres familias.
A nai de Enzo contoulles: "Os wombis e a escuridade"





O avó de Aroa: "O pequeno Hiawatha"





A avoa de Carmen contoulles: "Un máis" e "Once damas atrevidas"



Grazas a todas as familias!!!









09/05/18

As familias contan en 6º de Infantil

Felipe, o pai de Xiana, visitou a clase dos tigres e contoulles un conto titulado "Os petos de Loreto"
Moitas grazas!!!























As familias contan en 6º de infantil

María, a nai de Asier, tróuxolles "Un conto cheo de lobos", que ademais de ser moi chulo, rematou cun xogo no que tiveron que buscar sete diferenzas... e algunhas moi difíciles, pero atopáronas todas.















              










MOITAS GRAZAS!

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue