Amosando publicacións coa etiqueta Concello de Moaña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Concello de Moaña. Amosar todas as publicacións

04/06/18

Visitamos a ludoteca

Os nenos e nenas de Infantil visitaron a Ludoteca municipal. É unha actividade que forma parte do proxecto da concellalía de ensino "Aprende Moaña":





30/05/18

Asistimos a un concerto

Esta semana asisitimos ao concerto da Escola de múisica baseado non conto de OQO "Pulga e xigante".

Esta actividade forma parte do proxecto "Aprende Moaña" da Concellalía de ensino.

07/05/18

O xoves o alumnado de 5º curso fixo unha saída pola ribeira dos ríos Rialdarca e da Fraga.
Esta saída forma parte do proxecto "Aprende Moaña", da Concellalía de Ensino de Moaña.
Acompañounos Chani, que lles ensinou moitas cousas da flora e fauna dos nosos ríos.
Pasárono moi ben!

Empezando a andaina
No lavadoiro de Rialdarca
Descanso para merendar




28/02/18

Obradoiro de dobraxe en 4º de primaria

Esta semana visitaron o noso colexio Manuel Pombal e Suso Pando, actores e dobradores galegos, que nos falaron do mundo da dobraxe.
Explicáronlles aos rapaces e rapazas os pasos para elaborar unha película, desde a creación do guión ata a dobraxe.
Finalmente o alumnado gozou moito converténdose en dobradores dos seus personaxes.
Moitas grazas a Manuel e Suso e á Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Moaña por organizar esta actividade tan interesante e motivadora.

06/02/18

4º curso visita o Concello

Aquí vos deixamos un resumo feito por David e Iris ( 4º curso) da visita que fixeron para coñecer o Concello de Moaña. Estivo moi interesante.
Esta visita forma parte do proxecto "Aprende Moaña" da Concellalía de Ensino de Moaña

02/02/18

Visita da clase de 6º ao complexo medioambiental de Bueu

Onte o alumnado de sexto pudo ver de preto como se tratan todos os residuos dende a súa recolleita e coa finalidade de reutilizar para así contribuír ao mantemento do noso planeta.
Tamén puderon ver vídeos educativos que axudaron á concienciación do problema polo que estamos a pasar e a importancia de solucionalo.
Os monitores que nos acompañaron ao longo do percorrido foron explicándolles o funcionamento de toda a maquinaria e como están organizadas as instalacións.
Moitas grazas aos monitores.
Esta actividade forma parte das propostas de "Aprende Moaña", organizadas pola Concellalía de Ensino de Moaña.

   

27/01/18

Paseo polas esculturas de Moaña

O martes 23 de xaneiro a clase de 3º foi ver as esculturas que hai ao aire libre polo paseo e o Rosal.Esta é unha actividade que forma parte do proxecto "Aprende Moaña" da Concellalía de Ensino de Moaña
O pintor e escultor moañés Lito Portela guiou o seu paseo parando en cada escultura e falándolles  delas.
Pasárono moi ben e non lles importaría repetir.
Moitas grazas Lito!!










08/11/17

No outono ...cogomelos

O luns recibimos a Manolo Méndez na biblioteca do cole. É unha actividade que forma parte do proxecto Aprende Moaña que organiza a Concellalía de Ensino do Concello de Moaña.
Manolo deunos unha charla sobre os cogomelos. Foi moi interesante! Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria aprenderon un montón de cousas.
Grazas, Manolo!

26/03/17

Visita a Aula de Instrumentos Tradicionais de Moaña

Xavier Blanco ensinoulles ao alumnado de 1º un monte de músicas que se poden facer con cunchas,froitos e canas:

11/03/17

As tartarugas coñecen as esculturas de Moaña

A mascota do noso cole, o ratiño Paco, pediulles aos nenos e nenas de 4º de Infantil investigar un pouco as esculturas de Moaña.
Así que aquí está a clase das Tartarugas visitándoas. Hoxe foron á escultura dos animais abandonados, o monumento ao mariñeiro, ao choco bufón e ao Fisgón.







10/03/17

Día da árbore

Aquí vos deixamos unhas fotos e un pequeno texto feito por Iván da nosa saída ao Mirador dos Parentes para festexar o Día da árbore.

 

03/05/16

Ruta de sendeirismo

O martes, 3 de maio, a clase de 5º saíron de paseo polo río da Fraga. É unha actividade organizada polo concello dentro do programa "Aprende Moaña" e ofrecida aos colexios para que o alumnado de 5º coñeza a vexetación típica da ribeira dos ríos. Tiveron un guía, Chani, que 1º lles deu unha charla para familiarizarse co tema. Resultou moi interesante e divertida.

05/03/11

Coplas de entroido

Estas son as coplas que cantamos na festa do entroido 2011, nos vindeiros días poderemos escoitalas. Falan dos curruvellos, o personaxe do entroido tradicional moañés do que nos disfrazamos este curso. Foi moi divertido!
ENTROIDO 2011

02/03/11

Preparando o entroido

Mañá xoves 3 , visitaranos un representante da Asociación Meiramar Axóuxeres, para falarnos das figuras tradicionais do Entroido moañés, como son as Madamas e Galáns ,  o fedelloso e o home do saco. Estes personaxes adoitaban protagonizar o entroido na parroquia de Meira , permanecendo na valiosa memoria dos nosos maiores. A asociación cultural recolleu nunha publicación as investigacións desenvolvidas sobre o entroido e ten programada para o vindeiro 6 de marzo unha xornada festiva que reproducirá o entroido tradicional moañés.

19/05/10

1ª Edición do Correlingua do Morrazo

O vindeiro venres 21 terá lugar a primeira edición do Correlingua do Morrazo.
Desenvolverase no concello de Bueu e está dirixido ao alumnado de Infantil e Primaria dos centros públicos e privados do Morrazo.
A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística do Morrazo, considera necesario que a poboación da comarca se sensibilice coa delicada situación pola que pasa a nosa lingua nas idades temperás e tamén desenvolver accións que fagan mudar a tendencia á perda degalego-falantes nestas idades.
Percorreremos as rúas máis céntricas de Bueu e logo asistiremos ao concerto de Mamá Cabra.
Os centros participantes son: Ceip Montemogos, Ceip A Torre, CPI Virxe MIlagrosa, Ceip A Pedra, Ceip Quintela, Eei Berducedo, Ceip Seixo, Ceip A Laxe, Ceip A rúa, Ceip O Hío, Ceip O Carballal, Eei A Galiña Azul.

É cumprida obriga agradecer ao concello de Bueu o apoio e ánimo para organizar a actividade, facéndose cargo da contratación do grupo musical , a organización do concerto, a reordenación do tráfico....ata encargou a pancarta do evento, é esta:

E por suposto ao concello de Moaña e á organización do Correlingua por organizar o transporte. Animámolos para que poidamos celebrar edicións futuras do Correlingua no Morrazo

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue