21/01/08


Achégase a celebración do dia da Paz o 30 de xaneiro .

Queremos achegarvos un poema de Xosé María Álvarez Blázquez , escritor que vai ser homenaxeado no Dia das Letras Galegas .

Fálanos duns nenos que teñen que vivir na rúa , da esmola da xente, e como ata algunha xente lles chega a parecer “ normal” esta situación tan inxusta .


Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos.
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.

E ben vos vexo andar nos vosos
coches ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas: -¡viva, beba, baba, buba¡-

sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.

Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida.

-¡Non, home, non!- lle dixen a un
de aqueles
-A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes! .


Xosé María Álvarez Blázquez (Tui 1915-1985)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue