Noutros tempos,as cabazas ou:
-os colombros en Ourense e Lugo
-os calacús no norte de Pontevedra
-os cabazos,as manguetas en Moaña e Cangas...
adoitaban ser elementos lúdicos cando chegaban os primeiros fríos,as tardes quedaban cada vez máis pequenas e as colleitas de outono propiciaban os materiais.Como acabamos de dicir,as longas noites permitían facer estes enredos e as primeiras treboadas que obrigaban a permanecer a cuberto ,recordaban vellos contos e historias nunca comprobadas de encontros con lobos no monte,aventuras de raposas famentas,enfermidades estranas en adultos e nenos....
Nestes ambientes rurais,onde non había alumeado público nin auga corrente nas casas,as saídas á fonte eran o mellor momento para asustar aos veciños ,deixando cabazas baleiradas con candeas prendidas no seu interior nas encrucilladas e outros lugares axeitados.
Esta tradición ven de moito tempo atrás,vinculándose a costumes celtas como nos recorda o C.E.I.P. de PALMEIRA.
Pero foi Rafael López Loureiro no seu libro "Samaín, a festa das caliveiras"o que explicou con detalle a festa do Samaín .
Máis información en VIEIROS DA ESCOLA-2006.
Tamén na lenda da cabaza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.