23/04/11

Memorias dun neno labrego

...Contou o tío Anselmo da Regueira que nos seus tempos de rapaz o fumazo era máis lucido. Andrómenas. Todos os vellos din o mesmo das cousas que facemos os novos....("O fumazo")

Esta é unha cita  pertencente a Xosé Neira Vilas, da súa obra "Memorias dun neno labrego", que cumpre 50 anos .
No día do libro, quixeramos que pousarades a mirada na edición conmemorativa desta peza fundamental da nosa literatura publicada pola Editorial Galaxia . As nosa bibliotecas ficarían incompletas sen esta obra, que vai pola 32ª edición e inclúe fermosas ilustracións de Xaquín Marín.
Os pensamentos de Balbino seguen intrigando a moitos rapaces de hoxe e a cadencia emocional dos seus relatos déixannos palabras coma estas:

....¡Se puidese entender moitas cousas! Ou falar tan sequera delas; contarlles aos demais as miñas cavilacións. Pero xa o teño feito e rinseme. E a min dóeme. Dóeme que a xente ande polo mundo como andas as vacas e os burros: procurando soamente o pesebre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue