“FONDO
TEATRAL MARÍA CASARES”
QUE
É? O
Fondo teatral María Casares é unha colección de fondos bibliográficos sobre teatro , o resultado dun convenio asinado no ano 1995
entre o Concello de Cangas, a compañía de "Teatro de Ningures" e a
"Revista Galega de Teatro".
Formado inicialmente pola
cesión de fondos bibliográficos e diversas coleccións de revistas
especializadas destas dúas entidades, vai progresivamente enriquecendo as súas
posibilidades con novas e contínuas aportacións e completando secuencias
incompletas das revistas.
O Fondo conta actualmente
con arredor
dun millar de volumes e revistas, que son unha base moi
útil para todas as persoas interesadas polo feito teatral, sendo un depósito
especializado en teatro único en Galicia.
ONDE ESTÁ? Sitúase na
Biblioteca Central de Cangas e é de acceso público a través do carnet da
biblioteca.
QUE REÚNE? Textos teatrais para
escolares, para adultos e para grupos profesionais do teatro, libros didácticos
sobre as distintas artes escénicas, expresión corporal, títeres, revistas e
publicacións de todo o estado e do estranxeiro…etc
QUE PRETENDEMOS COA
EXPOSICIÓN?
1.-Dar a coñecer á
comunidade educativa (profesorado, pais ,alumnos/as e existencia do Fondo
Teatral María Casares , a súa situación e forma de acceso ás obras que o
compoñen.
2.-Impulsar a práctica teatral na escola como recurso interdisciplinar , para fomentar a expresión oral e corporal, a socialización, a creatividade, o compromiso, o traballo en grupo...
3.-Fomentar a tradución á lingua galega de obras de interese que estean noutras linguas.
4.-Propiciar novas adquisicións de libros de teatro infantil para a biblioteca do centro.
5.-Elaborar un arquivo con información sobre textos teatrais axeitados para nenos, que proporcione datos acerca das personaxes, argumento, ambientación, idade á que vai dirixida etc...

Ao longo destas dúas semanastivemos a exposición connosco, agora continuará o seu camiño polo colexio de Abelendo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.