Os padriños e madriñas lectores desfrutaron dunha lectura mutua, de contos teatralizados e de momentos moi especiais na biblioteca.
28/04/26
14/04/26
Proxecto: coas mans na terra en 4º
Seguimos traballando en 4º sobre o proxecto da biblio. Este curso o tema que nos escolleu Paco foi "As froitas de temporada". Estamos aprendendo moito!
26/03/26
Día da Poesía
Que fermosos os poemas e as flores que intercambiaron os canciños cos seus padriños e madriñas lectores de 4º de primaria....
14/03/26
Actividades 8M
Esta semana estivemos realizando diversas actividades con motivo do Día da muller traballladora
Entre elas destacamos a visita de Ana Belén Barragáns, nai da Alicia, a nosa compañeira de terceiro. Ela é enxeñeira en telecomunicacións e contounos moitas cousas interesantes do seu traballo.
Ademáis, o alumnado de terceiro realizou unha saída acompañados coa asociación A Illa dos Ratos para coñecer ás rúas da nosa vila con nome de muller: Concepción Arenal, Cándida Lago, Constantina Pena, etc.
Visitamos tamén a Asociación de mulleres onde nos informaron da súa labor na vila.
Pasámolo moi ben.
11/03/26
Día da árbore
O pasado martes, a clase de 2º de primaria saíu de excursión ata os montes de Meira, concretamente fomos ata a Torre de Meira para particiar das xornadas do día da árbore.
Foi fantástico porque puidemos plantar diferentes árbores, mirar insectos e bechiños, coñecer aos axentes forestais que coidan da nosa contorna, empregar a mangueira dos Bombeiros forestais! e desfrutar da actuación de Peter Punk.
05/03/26
Obradoiro de portugués
O Mundo do INHO é un obradoiro dirixido ao terceiro ciclo de primaria para amosarlles a alumnas e alumnos diferentes chaves culturais do mundo lusófono ademais de facerlles descubrir a facilidade para leren textos en portugués e así achegarlles a lingua. Unha aproximación ao portugués, vendo a súa orixe común co galego e as semellanzas que existen entre ambos idiomas.
Estivo xenial!
03/03/26
Día de Rosalía
En Quintela gústanos coidar as nosas escritoras. Por iso, celebramos o Día de Rosalía de Castro, unha das escritoras máis importantes de Galicia, cun programa de radio especial levado a cabo por Julia, Ana e Alba; cunha visita moi especial dos nenos e nenas de 6º de Infantil que recitaron un poema de Rosalía e fixérono moi ben!
Encantounos compartir este momento tan bonito e seguir aprendendo a querer e valorar a nosa lingua.
Feliz día de Rosalía!
26/02/26
Charla sobre as velutinas
Onte, na clase de terceiro, tiveron unha charla moi interesante sobre como facer e onde colocar
trampas para velutinas.
22/02/26
Coplas Entroido
03/02/26
Xuntanza con Afamo en 4º
Este martes, día 3 de febreiro, tivemos a sorte de recibir no noso cole a algúns membros de Afamo que nos falaron de xogos tradicionais da súa época e de moitas outras cousas.
22/01/26
5º e 6º visitan Santiago de Compostela
O pasado 13 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º visitou Santiago de Compostela.
Achegámonos ao Parlamento de Galicia, onde coñecemos o seu funcionamento, e subimos aos tellados da Catedral, gozando das vistas e aprendendo sobre a súa historia. Foi unha saída moi interesante e enriquecedora.
Obradoiro de radio con Damián Alonso
17/12/25
Visita a Afamo
O alumnado de 6º de Educación Primaria viviu unha experiencia moi bonita e emotiva coa súa visita ao Centro de Día AFAMO.
Nos días previos, na aula preparamos con moita ilusión unha manualidade para regalar ás persoas usuarias do centro. Cada detalle foi feito con agarimo, coa intención de compartir un momento especial e sacarlles un sorriso.
O día da visita, fomos recibidos con moita amabilidade e alegría. Despois de entregar os agasallos, cantamos varios panxoliñas, enchendo o centro de música, aplausos e espírito de Nadal.
Esta actividade axudounos a aprender valores tan importantes como a solidariedade, o respecto e a empatía, e tamén a comprender que pequenos xestos poden facer moi felices ás demais persoas.
Que teñades un. bo Nadal, AFAMO.
16/12/25
Celebramos o Nadal
15/12/25
As orquídeas das Illas Atlánticas, tesouro ameazado
Coma sempre gCiencia ofrécenos un artigo moi interesante sobre especies ameazadas. Neste caso fálannos das orquídeas nas Illas Atlánticas.
Premede na imaxe
11/12/25
Día da Ciencia en 4º
Despois de moitos nervios, chegou o gran día.
Aquí vos deixamos os vídeos dos experimentos.
10/12/25
Xornada de convivencia no IES A Paralaia
O pasado 21 de novembro, o alumnado de 6º de primaria realizou unha saída ao Instituto IES Paralaia para celebrar unha xornada de convivencia e o magosto. Durante a mañá, puidemos participar en diferentes actividades preparadas polo instituto, pensadas para fomentar a colaboración, o respecto e o traballo en equipo entre estudantes de diferentes centro de Moaña que o próximo ano estarán e compartiran clase no insti.
Despois dos xogos, gozamos do tradicional magosto e compartimos un momento festivo nun ambiente próximo e agradable. A actividade permitiu reforzar a relación entre centros e vivir unha experiencia educativa diferente e enriquecedora.
Foi unha xornada divertida, participativa que agardamos repetir.
02/12/25
Conmemoración 25N
O martes todo o alumnado do centro falou e traballou sobre o 25N no cole. Crearon, entre todas e todos un mural representando as ás da liberdade con plumas que pintaron e levaban unha palabra significativa.
Quedou moi fermoso.
23/11/25
4º visita o Concello de Moaña
O alumnado de 4º de primaria tivo o pracer de recibir unha visita guiada polo concello de Moaña dentro do programa "Aprende Moaña".
Alí aprenderon moitas cousas interesantes sobre o seu funcionamento, puideron falar coa alcaldesa e simular un pleno.
21/11/25
Visita ao porto de Vigo
O luns, os alumnos e alumnas de 4º e 5º de primaria aprenderon moito sobre o fondo da nosa ría no Nautilus e o Hidria Segundo.
Para facer un comentario
- Pulsa co cursor enriba de comentarios
- Elixe de identidade "Nombre"
- Pulsa en "Publicar comentarios"
- Pon o teu nome
- Escribe o teu comentario no recadro
- Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue




















