20/12/07

CEN ANOS DE HIMNO




Tal día como hoxe,20 DE DECEMBRO,hai cen anos, estrenouse no”Gran Teatro” de La Habana o himno galego .O músico mindoniense Pascual Veiga foi o encargado de porlle música ó poema”Os pinos” de Eduardo Pondal .Era un texto que non nacera para himno,pero que recolle aspectos identitarios sobre a nosa lingua,paisaxe ,historia,a nacionalidade..en fin xa non podemos imaxinar outras palabras para cantalo.Se o queres aprender aquí tes o texto:

Os Pinos.

¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

Se queres aprender a melodía: http://www.galespa.com.ar/himno_galego.htm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue