Fermosa noite a dos Premios IRMANDADE DO LIBRO no Carballiño.O sábado 28,como se algunha estrela estivera en conxunción co galego,un tras outro fóronse sucedendo os discursos que amosaban especial sensibilidade polo momento que vive a lingua.
Aínda que non levamos o premio polo que nos nomearon finalistas,volvemos cheas de satisfacción porque por unha vez escoitamos de moi diferentes voces aquelo que os noso ollos levan vendo moito tempo.E é o recoñecemento de que o galego pasa por unha situación moi delicada,que non é momento para retrocesos porque queda moito camiño por andar.
Desde o mundo editorial,do libreiro ,da creación literaria e musical o apoio ao galego estivo presente.Compre destacar o discurso do autor gañador deste ano XAVIER P. DOCAMPO pola emotividade,contundencia e fermosura das súas verbas e tamén as cancións que nos regalou UXÍA .
- Centros de ensino - IES Blanco Amor de Ourense
- Fomento da lectura - Bibliotecas Públicas do Concello de Oleiros
- Institucións - Asociación cultural do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela
- Mellor autor - Xavier Puente Docampo
- Mellor obra editorial de 2008 - Colección Rescate de Alvarellos Editora
- Mellor libro - Festina Lente de Marcos S. Calveiro publicado por Edicións Xerais de Galicia
- Librerías - Andel do libro galego e portugués de Vigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.