08/11/09

Un proxecto ilusionante











Así cualificaron moitos dos presentes á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística,que na mañá do sábado 7 de novembro celebrou a súa 1ª Asemblea e elixiu o seu Consello Directivo.A súa coordinadora xeral será Valentina Formoso Gosende, do IES Félix Muriel de Rianxo.
Recollemos as súas verbas finais no peche da xornada:
.............A CGENDL nace con intención de permanecer no tempo, de xuntar cada día máis apoios de ENDL e tamén de moitos docentes que queren colaborar connosco, nace para SUMAR o noso gran de area a prol da lingua galega, para -desde unha estratexia e discurso propios- acadar os nosos obxectivos. Somos un colectivo plural, moi plural, de xente traballadora, razoable e con moita ilusión, que sempre estará aberto ao diálogo, sempre desde o respecto mutuo que nos caracteriza, e sempre desde a boa intención...

Mais, ímolo dicir ben alto e ben claro, todo o mundo debe saber

que nunca imos renunciar a defender o noso principal sinal de identidade, que en ningún momento imos ter nin medo, nin preguiza de traballar pola súa normalidade, porque temos orgullo do noso, porque temos orgullo do galego que nos imos facer escoitar porque temos algo que dicir sobre o galego no ensino, baseándonos na nosa experiencia e coñecementos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue