En Galego pola rede.
Este é o título do noso proxecto á innovación en normalización lingüística para o curso 2009-2010.
Algunhas das actividades xa están a desenvolverse, como a do intercambio co CEP Brea Segade de Taragoña, no concello de Rianxo.
Esta semana enviaremos por correo as presentacións feitas polos rapaces e rapazas do primeiro e segundo ciclo.
Pero, onde está Rianxo?
Velaí o camiño que google nos indica para poder chegar aló.
E vós, que sabedes de Rianxo?
Onde está?
Que hai alí?
Quen é ou era de alí?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.