21/02/11

Encontros de equipos e docentes pola Normalización

O vindeiro 12 de marzo celebraranse os primeiros encontros de equipos e docentes pola Normalización organizados pola CGENDL. Unha xornada que pretende permitir o intercambio real de experiencias e ideas arredor da dinamización e normalización lingüística nos centros de ensino.
A radio escolar, as novas tecnoloxías, a dinamización comarcal ou a oralidade nos contornos castelán falantes serán algúns dos temas que se tratarán, e a proposta vai orientada cara o apoio a todos os esforzos que se veñen facendo nos centros de ensino pola normalización da nosa lingua.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue