02/03/11

Preparando o entroido

Mañá xoves 3 , visitaranos un representante da Asociación Meiramar Axóuxeres, para falarnos das figuras tradicionais do Entroido moañés, como son as Madamas e Galáns ,  o fedelloso e o home do saco. Estes personaxes adoitaban protagonizar o entroido na parroquia de Meira , permanecendo na valiosa memoria dos nosos maiores. A asociación cultural recolleu nunha publicación as investigacións desenvolvidas sobre o entroido e ten programada para o vindeiro 6 de marzo unha xornada festiva que reproducirá o entroido tradicional moañés.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue