E outra vez volvemos estar orgullosos do noso, orgullosos do galego!
O vídeo publicitario que centrou a campaña da CGENDL no curso pasado, da empresa FILMANOVA .L. ven de ser recoñecido co premio Mestre Mateo á mellor obra publiciatria do ano 2010.
O premio ,foi entregado na gala que se celebrou onte na cidade de Ourense e foi recollido, en nome de Antón Reixa, por dous membros do Consello Directivo da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística.
Román Landín e Valentina Formoso volveron a lembrarnos a todos o importante labor a prol do galego que desenvolvemos cada día desde os centros de ensino.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.