06/06/11

Homenaxe a Fernández Paz

Amigo, guía, mestre, sabio, compañeiro,aposta segura,...estas son algunhas das palabras que lle dedicaron a Agustín Fernández Paz nas súas intervención Olga Iglesias, Valentina Formoso, Xavier Docampo ou César Yáñez o sábado, no Museo do Pobo Galego.
O veterano mestre soubo recibir os eloxios como só alguén da súa calidade humana o pode facer, axudándonos a todos e todas a controlar as nosa emocións, que eran moitas, nun fermoso día para a nosa lingua.
Alí estivemos, lembrando o traballo dos Equipos de Normalización ao longo dos 20 anos, que foron pasando con distintas bifurcacións ,como dixo Paco Veiga, desde o seu nacemento.
As intervencións dos distintos oradores foron brillantes, oportunas e atinadas e de todos eles, desde Rubén Rivas ata Xabier Camba poderiamos escoller afirmacións memorables.
Deixo aquí a semellanza que nos fixo Agustín Fernández Paz entre o labor do actual goberno coa lingua e a afección a coleccionar e baleirar ovos que algúns cativos tiñan noutros tempos.
Ovos baleiros...baleiros de contido, coa mesma apariencia por fóra..., mais baleiros de contido por dentro. Así queda a nosa lingua, baleira de contido, cunha aparencia externa lexislada, pero sen presenza real.
Sabias verbas, grazas unha vez máis Agustín.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue