04/11/11

Celebración do 2º Día da Ciencia en galego

Chegou o día e  a técnica deixounos gozar do relatorio de Dona Isabel Fraga Vila coma se estiveramos na mesma universidade.
Non eramos os únicos, xa que máis de 4000 rapaces e rapazas de 70 centros toda Galicia poideron compartir con nós a experiencia. 
A directora do Museo de Historia Natural de Santiago e profesora de Botánica desta universidade deixounos claro por que os bosques son tan importantes.
Nunha amena e clara charla foi explicando cales eran os tipos de bosques, como era a intervención humana neles e que beneficios aportan á humanidade. As palabras da especialista en Botánica eran acompañadas por unha clara presentación, compartindo a pantalla coa imaxe da relatora, axudando a visualizar toda a información.
Cando rematou o seu relatorio a profesora, todos os asistentes querían saber máis e así o demostraron formulando preguntas como:
Que especies están ameazadas en Galicia?
Cal é a árbore máis grande do mundo? E a que máis vive?
Como podemos evitar a deforestación?
Cales son os bosques máis importantes de Galicia? E do mundo?
Son os eucaliptos perxudiciais para o montes?
Sobre estas cuestións o moitas outras seguirán dsen dúbida investigando nas aulas.
Na nosa comarca, centros como o CEIP A Rúa  e  O  Hío de Cangas, o CEIP Montemogos de Bueu, e os CEIP de Tirán e Domaio   de Moaña , seguiron a videoconferencia 
 " Sabes por que 2011 e  o ano internacional dos bosques" que organizou a Coordinadora Galega de Normalización Lingüística en colaboración  coa Universidade  de Santiago de Compostela.




No caso de secundaria o éxito tamén caracterizou a actividade .Foi o CPI de Soutomaior quen presentou a videoconferencia  impartida por  Angel Carracedo, catedrático de medicina legal e director do Instituto de medicina legal e do  grupo de medicina xenómica da USC. O profesor Carracedo falou dende a cidade de  Natal, no Brasil , dirixíndose a máis de 6.000 rapaces e rapazas de 100 institutos de toda Galicia.

Na comarca o IES de Rodeira de  Cangas e o IES Paralaia de Moaña participaron na actividadee seguiron con atención a interesante charla e as oportunas preguntas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue