23/01/13

O falar non ten cancelas... ou si?

A Coordinadora Galega de ENDL convídanos a participar nuha nova xornada de formación, reflexión e intercambio de experiencias sobre a necesaria promoción da oralidade en galego. O III Encontro de docentes e equipos pola normalización celebrarase o vindeiro día 2 no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela. A mañá comenzará co relatorio inaugural de Manuel Núñez Singala, que aportará reflexións sobre a importancia do ensino da comunicación oral e continuará o desenvlovemento cunha serie de obradoiros simultáneos con experiencias e propostas para traballlar a oralidade na escola. Unha nova oportunidade para compartir e formarnos, como docentes e na normalización e dinamización lingüística.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue