21/02/13

O día de Rosalía

Rosalía de Castro, a nosa grande poeta, naceu o 24 de febreiro de 1837. Este é o motivo de que o 24 de febreiro fose declarado día de Rosalía e recoñecido coma tal no calendario escolar.
Este ano ademais cúmprense 150 anos da primeira  publicación de "Cantares Gallegos" que motivou cen anos despois a celebración do Día das Letras Galegas e que marcou definitivamento o Rexurdimento da literatura galega.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega anima aos centros a particitaren nunha lectura colectiva da obra rosaliana.
Na páxina da biblioteca do Ceip Andrade de Pontedeume (Raitoeca) vemos este cuestionario sobre Rosalía de Castro. Poderás resolvelo se entras neste enlace:
ROSALÍA DE CASTRO


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue