Os nenos e nenas de 4º de primaria prepararon para o día da paz este fermoso poema de Antonio García Teijeiro e durante estas semanas empezan o día dunha maneira moi especial: visitando as outras clases para recitarllelo e desexarlles un bo día .
Hoxe tocoulle á clase de 6º de infantil...e quedaron encantados e encantadas coa visita.
VENTOS
Que veña o vento fungón,
Que lle quero pero preguntar
A cor dos ollos das nubes,
A cor dos ollos do mar.
Eu coido que son azuis
Verdes, grises, de cristal,
Mais calquera cor que teñan
Será sempre a cor da paz.
( Antonio García Teijeiro )
Queremos felicitar á clase de 4º, porque nos parece unha idea preciosa e porque recitan de marabilla!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.