Na última semana do 1º trimestre en 6º tivemos unha clase moi especial: un obradoiro de pan de landras. Unha panadeira ecolóxica chamada Ruth ensinounos como fai o pan de landras. Resultou unha clase do máis interesante polo que aprendemos e por como Ruth nos ensinou o seu oficio. Preparou moi ben o material que necesita para a elaboración do pan e mostrounos todo o proceso. Como é un método moi artesanal leva moito tempo de cocción e para que non esperásemos xa nos trouxo unha peza de pan de landras para probalo. Encantounos o pan e a maneira de ensinar de Ruth.
Moitas grazas e ata outra.
Debaixo está o vídeo que fixemos coas fotos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.