Esta semana visitaron o noso colexio Manuel Pombal e Suso Pando, actores e dobradores galegos, que nos falaron do mundo da dobraxe.
Explicáronlles aos rapaces e rapazas os pasos para elaborar unha película, desde a creación do guión ata a dobraxe.
Finalmente o alumnado gozou moito converténdose en dobradores dos seus personaxes.
Moitas grazas a Manuel e Suso e á Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Moaña por organizar esta actividade tan interesante e motivadora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.