En Sociais estiveron estudando como se vive en comunidade. Preguntáronse como se fai para saber os habitantes que hai en Moaña. Despois, saíu a pregunta de onde se anotaban as persoas e descubriron que hai unha oficina que rexistra os nacementos, as vodas e as defuncións que se producen na nosa vila. Esta oficina é o xulgado.
Foron de visita e as traballadoras do xulgado faláronlles do traballo que facían cada día. Un dos traballos principais é o do rexistro civil. Ensináronlles os libros de rexistro antigos e os actuais, que son de cores: vermellos para os nacementos, verdes para as vodas e brancos para as defuncións.
Puderon comprobar os rexistros dalgúns deles
Fixeron moitas preguntas e aprenderon cousas interesantes que pasan ao seu arredor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.