XABÓN LÍQUIDO PARA LAVADORA
Precisamos:
Ø 1 litro de auga
Ø 10 g. de sosa
Ø 100 ml. Aceite de oliva
Ø Sal
Así se fai:
1. Poñemos mascarilla e luvas para protexernos.
2. Nun recipiente, botamos 1 l de auga a temperatura ambiente. Engadimos pouco a pouco a sosa e remexemos ata que quede disolta. Deixamos repousar uns minutos.
3. Botamos o aceite de oliva no envase no que vaiamos facer o xabón.
4. Engadimos a mestura de sosa e auga sobre o aceite. NUNCA AO REVÉS.
5. Engadimos un pouquiño de sal, poñemos o tapón no recipiente e axitamos enerxicamente.
6. Quitamos o tapón e deixamos repousar. A mestura debe axitarse 2 ou 3 veces ao día ata que o xabón se faga (tarda 15 días aproximadamente). O envase debe gardarse nun lugar escuro e seco.
7. Se o xabón quedase moi denso, podemos poñer ao baño María o envase e, cando o xabón estea derretido, engadimos auga quente. Despois hai que volver a axitar para homoxeneizar a mestura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.