17/10/20

Poema de outono

O outono xa nos acompaña hai unhas semanas. 

Aquí vos deixamos este poema de Ana Mª Fernández,  que fala dos froitos desta fermosa estación.

 

Vou convidarte

ao pé da lareira

que comas dos soutos

a froita primeira.

 

Pequena, maciza,

cun brillo de estrela;

escura, suave,

por dentro marela.

 

Castañas eu colla,

castañas ti teñas,

cozamos ben zonchos

no lume de leña.

 

Comamos, comamos,

que as achas estalan,

que saltan muxicas,

que os zonchos se acaban.

 

 

                             Ana Mª Fernández: Do A ao Z, Ed. Everest

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue