28/11/20

"Día da Ciencia 2020"

O mércores, 18 de novembro, 4º celebrou o Día da Ciencia en galego na biblioteca do cole.

Despois de moitas xornadas de traballo na casa e na aula chegou o gran día. 

Prepararon a biblioteca e presentaron os seus experimentos en dúas sesións: unha para 3º e outra para 5º. 

Este curso 2020-2021 convivimos coa pandemia da covid-19. A alerta sanitaria ten prioridade e por iso, só poidemos invitar a dous cursos. 

Tamén houbo que adaptarse ao límite de persoas que se poden reunir fóra do cole. Por ese motivo os experimentos foron preparados en distintas formas de agrupamento: de unha, de dúas e de tres persoas. 

Pero, aínda así, a experiencia foi moi enriquecedora para todas e para todos. 

A presentación foi todo un éxito. 

Parabéns!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue