Xa se acerca o Samaín, e este ano, o alumnado tivo que preparar unha nota con forma de cabaza. Como os pequenos do colexio aínda estamos aprendendo o manexo das tesoiras, pedimos axuda aos maiores do cole, os nenos e nenas de 5ºP e 6ºP. Axudáronnos a recortar a cabaza e aproveitamos ao rematar para compartir unhas lecturas. Moitas grazas pola vosa axuda!!!
Agora toca preparar as nosas cabazas para levalas ao colexio os días 26, 27 e 28 de outubro, para celebrar a festa do Samaín.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.