Este Nadal ensaiaron na clase de Música unha nova panxoliña, con texto e música de Susa Herrera, e adaptación do texto da profe María Carrasco. Aprenderon a facer a cadea inglesa, e o baile quedou tan ben, que non só cantaron para os Reis Magos, senón que visitaron o centro de día Contigo para actuar para os maiores que estaban alí. Foi moi agradable compartir tempo con eles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.