Esta semana as nenas e nenos de 3º tivemos a sorte de contar con Nuria, avoa de Irene, que nos amosou como se elabora unha receita tradicional de Entroido: o bandullo moañés.
Nuria deunos moi bos consellos para alimentarnos ben e o mellor de todo foi o resultado da receita:
O BANDULLO ESTABA BOÍSIMO!
Queremos darlle as grazas a Nuria por dedicarnos parte do seu tempo, da súa sabedoría e do seu bo facer.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.