A semana pasada tiveron unha sorpresa moi especial na clase de 4º de infantil. Visitounos Fran, o pai de Pepe, e as súas tartarugas, Donatello e Michelangelo.
Como están investigando sobre tartarugas, aproveitaron para ver as partes do corpo, como camiñan e nadan, déronlles de comer, aprenderon canto son 20 cos dedos (son os anos que teñen), e puideron comprobar que teñen o caparazón moi duro.
Grazas Pepe e Fran, por compartir con nós esta experiencia!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.