O venres da semana pasada tivemos unha charla moi interesante para o alumnado de 4º de primaria.
Paco, a nosa mascota da biblioteca, animoulles a investigar sobre as embarcacións tradicionais de Moaña e invitaron a Pablo e Cándido, que son membros da Asociación Sueste de Moaña.
Son persoas coñecedoras das embarcacións tradicionais de Galicia e quixeron compartir con nós toda a información que coñecen sobre o tema. Trouxeron unha maqueta dunha dorna e resultou unha charla moi amena.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.