05/03/11

Curruvellos en Quintela

Xa sabemos o que son os curruvellos!!!. 
Ao igual que noutras zonas de Galicia, os curruvellos saían á rúa no entroido moañés vestidos coas roupas vellas ou en desuso que atopaban nos faiados. As veces tiñan remendos, outras eran roupas que se superpoñían , co obxectivo de que non se recoñecera á persoa en cuestión .
Seméllanse aos "entroidos" das Terras do Umia, aos choqueiros do Salnés ,  e as terras de Soneira, aos farravellos de Cangas , as "máscaras" de Vigo e aos "zarralleiros" da Mariña.
Os curruvellos non falan ou disimulan a voz e moitas veces levan un pau para gastarlle bromas á xente.
Nos últimos anos vimos moi poucos, pero este ano todo o alumnado de Quintela apreciou  a troula que supón transformarse noutra persoa por un día. Vaia festa!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue