Este mes, os cursos de 3º, 4º e 5º desenvolveron unha investigación sobre o entroido tradicional en Moaña. O EDLG elaborou un cuestionario para que puideran entrevistar a algún coñecido que se vestira algunha vez de curruvello. Cos datos da entrevistas, elaboraron un texto que recolle a información. Nos vindeiros días iremos presentando estes textos. Tamén podedes consultalos en Aquí vivimos.
Curruvellos
Fixemos unha entrevista a unha persoa maior, Josefa Costa Diz, de 60 anos, para que nos contara con que roupa se vestía no carnaval.
Contounos como se vestía a xente de curruvellos.
Na cabeza poñíase unha bolsa de patacas, sabas vellas e máscaras. Nas pernas vestíanse medias de espuma grosa e pantalóns vellos, e no tronco recheos con coxíns e tamén se poñía chepa.
Na cara levaban sabas vellas con buratos.
Despois de vestirse saían á rúa e facían bromas á xente, pero sen falar, con xestos.
Non era nada doado recoñecer aos curruvellos.
O máis divertido era vestirse mal, porque a xente ría con eles e ían todos detrás dos homes, facerlle bromas graciosas.
Alejandra Ferradás e Alondra Montoya, 5º curso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.