10/03/11

O Entroido tradicional en Moaña

A Asociación cultural Meiramar-Axóuxeres organizou, o pasado 6 de marzo, unha xornada de Entroido tradicional como se desenvolvía na parroquia de Meira. A festa comezou no Paso Redondo, onde Madamas e Galáns , fermosamente engalanados, danzaron como era costume. Así o viñeron facendo en cada torreiro, durante todo  o percorrido por Meira. Acompañáronnos outros personaxes do entroido moañés , como o Fedelloso que gastaba bromas molestas á xente co seu cheiro. O home do saco facía recuar á xente co feixe de toxos e silvas, e aos curruvellos era imposible identificalos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue