05/05/11

2º Correlingua do Morrazo

A 2ª edición do Correlingua do Morrazo transcorreu nunha exitosa xornada, onde a esmerada organización desde o CEIP A Pedra e o concello de Bueu  garantiron actividades e diversión para todos e todas.
A actuación brindada pola organización do CORRELINGUA tamén resultou ser un éxito e contou coa complicidade de todos os asistentes, que corearon moitas das  cancións de Pablo Díaz nun concerto que gustou a todos e todas.
Contamos tamén coa colaboración do Grupo de Desenvolvemento Rural  Ulla Umia Lérez , que agasallou aos asistentes cunha degustación de leite fresco pasteurizado e premiou cun lote de leite ao CEIP A LAXE no sorteo efectuada na propia xornada.
E non podemos deixar de agradecer aos rapaces e rapazas dos equipos de Dinamización Lingüística IES María Soliño e Rodeira, en Cangas , que actuaron de colaboradores en todas as actividades, axudando a que a xornada se desenvolvera de xeito tan positivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue