05/05/11

Estupendos colaboradores

Non só saen así de guapos na foto, senón que tamén foron uns estupendos colaboradores nas actividades do 2º Correlingua do Morrazo, celebrado o mércores 4 de maio no concello de Bueu.
Traballaron sen descanso cumprindo todas as funcións asignadas, axudaron no obradoiro musical, coidaron dos pequenos e explicaron os percorridos polos labirintos, déronlle a pintura nos murais, limparon as mans dos pintores, repartiron leite, recolleron o material, acompañaron aos grupos na marcha... en fin, non pararon en toda a mañá.

O mellor era ver como os máis pequenos seguían as instrucións destes colaboradores, caladamente, nunha convivencia ordenada e respectuosa que nos gustaría repetir noutras ocasións.
Alumnado de1º e 2º de ESO do Equipo de Dinamización Lingüística do IES De Rodeira, en Cangas:
Alumnado do equipo de Dinamización Lingüística do IES María Soliño,en Cangas.
Parabéns polo voso traballo!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue